Nacemento:
Morte:
Cerralleiro, 18 anos.
Militante da CNT desde moi novo.
Fuxido. Executado.
Combateu na fronte asturiana no lado republicano, no 206º Batallón.
Regresou ao seu domicilio e botouse ao monte cando caeu a Fronte Norte, onde se fixera amigo de Manuel Girón Bazán, Girón.
Un grupo notable na Serra do Eixo era o que dirixía Manuel Álvarez Arias, Bailarín, e os seus amigos Alfredo Yáñez Domínguez, o Aguirre; Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; José Vega Seoane, o Ánimas, e outros. Ao remate de 1937 uníronselles os que procedían do Principado de Asturias, como Manuel Girón Bazán, Girón; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; José Losada Yáñez (que morrería ese mesmo ano nun enfrontamento); Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; Abel Ares Pérez; Enrique Oviedo Blanco, Chapa, e varios máis.
En xullo de 1940 formaban o grupo de Manuel Girón Bazán: Marcelino de la Parra Casas; José Vega Seoane, Ánimas; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Abelardo Macías Fernández, o Lebre, e Eduardo Pérez Vega, Tameirón, que tentaron pasar a Portugal; interceptados por axentes portugueses, tiveron que volver a España e continuar na loita armada.
Manuel Álvarez Arias, Bailarín e Alfredo Yáñez Domínguez, o Aguirre, puxeron en contacto ao grupo asturiano de Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, con Girón e Parra, que se coñecían da fronte asturiana.
Contrario á chegada dos asturianos e aos seus intentos de control das partidas, Álvarez Arias entregouse á Garda Civil e fusilárono por non informar sobre os seus camaradas.
Militante da CNT, entra como tal no Estado Maior de Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, que formara no oriente de Ourense e acadando un gran prestixio polo seu carácter asisado.
Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.
Aínda que a súa actividade guerrilleira rexistrouse na parte de Zamora, a súa preocupación pola formación política e pola unidade antifascista obríganos á súa inclusión aquí. En xuño de 1944 incorporáronse ao seu grupo dous fuxidos das minas de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense), Manuel Moreno Casado e Florentino Pérez Rivas. O día 10/10/1944 a FG crea o Corpo de Guerrillas de Galicia e León, formando o Estado Maior Gafas, de la Parra e Mario Morán; tamén se organiza a I Agrupación de guerrillas que van dirixir César Ríos, Abel Ares e Manuel Girón.
No ano 1947 achábase na comarca da Cabreira con, entre outras persoas: Manuel Girón Bazán, Girón, e Florentino Pérez Rivas, o Andaluz.
Despois da destrución da I Agrupación ficou illado e decidiu marchar a Francia.
Abandonado á súa sorte, a súa irmá Natalia, que vivía en Tarragona, fíxose cunha identidade falsa para o seu irmán; logo marchou en tren a Tarragona con Natalia e alí preparou a súa saída cara Francia. Arrestárono en Tarragona por mor dunha delación, o día 10/05/1948, e conducírono a León onde o someteron a terribles torturas para interrogalo.
Xulgárono en consello de guerra en León o día 02/10/1948 acusado de bandoleirismo, na causa 280/48, co resultado de sentenza á pena de morte.
Executárono os franquistas ás 06:30 h, a garrote vil, no patio da Prisión Provincial de León.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio civil de León.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.