← Volver atrás

Pérez Rivas, Florentino

Alcume: o Andaluz
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Canzana, Laviana
(Principado de Asturias)
- 14/12/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Laviana
- 01/01/2007 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 19 anos. O seu irmán Jesús morreu con 22 anos na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Militante da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Canzana desde 1934.

Participou na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, na que finou o seu irmán Jesús, de 22 anos.

Encarcerado. Fuxido. Exiliado.

Ao caer a fronte do Principado de Asturias no ano 1937 arrestárono, xulgárono en consello de guerra o día 21/06/1938 e condenárono a 30 anos de prisión.

Preso no campo de concentración de Camposancos (Pontevedra) e na prisión de Figueirido (Pontevedra) do 12/08/1938 ao 16/01/1942, data na que o trasladaron ao destacamento penal das Minas de Silleda.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Puxérono en liberdade condicional provisoria nestas Minas de Silleda o día 15/06/1942, que se publicou no BOE nº 175 do día 24/06/1942.

Ao quedar en liberdade incorporouse á guerrilla antifranquista.

Novamente preso, logrou fuxir o día 30/06/1944 da colonia penal das minas de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense), con Manuel Moreno Casado.

Integráronse na Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

No ano 1945 era, con Eduardo Pérez Vega, o Tameirón, axudante de Mario Morán García na II Agrupación da FG na área de Ourense.

En 1947 atopábase na comarca da Cabreira con Manuel Girón Bazán, Girón, e co cenetista Marcelino de la Parra Casas, Parra.

Foi quen de escapar en 1948 da masacre do Pozo Funeres, Ordaliego, Tiraña, Laviana (Principado de Asturias), onde finaron asasinados moitos antifranquistas nos meses de marzo e abril de 1948.

Formou parte do grupo de 29 guerrilleiros socialistas aos que o día 23/10/1948 evacuaron do porto de Luanco, Gozón (Principado de Asturias) cara San Juan de Luz (Francia), nun barco que fretara Indalecio Prieto Tuero.

Estableceuse en Belfort, Borgoña-Franco Condado (Francia).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.