Nacemento:
Morte:
Ferroviario. Veciño de Xares. Irmán de Andrés Murias, tamén fuxido.
Membro da Sociedade Labrega de Xares, da UXT e activo militante do PSOE.
Fuxido. Asasinado.
Cando se produce o alzamento militar foxe á serra.
Xulgado en consello de guerra en Ourense en xullo de 1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 526/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Absolveron no proceso a Antonio Yáñez Fernández e declararon fuxidos a: Juan Álvarez Escudero, José Blanco, Melchor Diéguez, José Lameiro Bermúdez, Andrés Murias, Antolín Murias, Alfonso-José-Agustín Ortega Prada, Francisco Porto Seoane, Joaquín Seoane Domínguez e Plácido Sobrino.
Os franquistas embargáronlle todos os seus bens en febreiro de 1937.
Asistiu ao Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.
No ano 1944 era xefe dun dos grupos guerrilleiros antifranquistas da II Agrupación da FG en Ourense.
En 1946 tivo que agocharse na súa aldea por mor dunha hernia que lle impedía camiñar, cando estaba co grupo de Manuel Girón Bazán, Girón. Propúxoselle a evacuación a Francia en varios ocasións pero negouse reiteradamente e seguiu loitando na clandestinidade.
En 1951 contactou con César Ríos Rodríguez, quen se encargaba das evacuacións cara Francia; cando tiñan todo preparado, renunciou a fuxida pois quería evacuar con el a Cándido Losada Estévez, Malvavisco.
Mentres se preparaba unha nova vía de escape, finou asasinado polo antigo enlace de Xares Ángel Sánchez Yáñez, quen lle dera refuxio.
Soterrárono no lugar do seu asasinato e, co tempo, trasladaron os restos a unha fosa común no cemiterio de Santa María de Xares.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.