← Volver atrás

Losada Estévez, Cándido

Alcume: Malvavisco
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

A Gudiña
(Ourense)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Obreiro, 28 ou 29 anos. Veciño de Santa María da Cabeza da Vilavella, A Mezquita (Ourense). Obreiro do ferrocarril.

Militante da UXT e afiliado á Agrupación Socialista (AS) de Puebla de Sanabria (Zamora) desde 1930.

Fuxido.

Despois do golpe de Estado participou cos leais na resistencia ao alzamento e no asalto ao cuartel da Garda Civil de Nueva Puebla, Requeixo de Seabra (Zamora). Logo marchou ao monte con varios compañeiros.

Aos dous meses fuxiron a Portugal e, desde alí, a Francia en maio de 1938. Regresaron á zona republicana e destinárono á 43ª División no val de Bielsa (Huesca); logo loitou en Ripoll (Xirona) e Vic (Barcelona).

Prendérono os rebeldes o 15/10/1938 en Tremp (Lleida) e levárono a un campo de concentración en Zaragoza, logo a Bilbao (Biscaia) e a Miranda de Ebro (Burgos), onde se deu á fuga na estación do tren.

Uniuse á guerrilla na zona da Gudiña-A Mezquita. Mantiña moitos contactos cos portugueses e vivía a cabalo da liñar fronteiriza hispano-portuguesa, subministrando armas á Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Formou parte do grupo que dirixía Domingo Rodríguez Rodríguez, Inca.

En 1951 Antolín Murías, Paciencia, contactou con César Ríos Rodríguez, quen se encargaba das evacuacións cara Francia; cando tiñan todo preparado, renunciou á evacuación pois quería levar con el a Cándido Losada Estévez, quen finalmente consegue exiliarse en Francia no verán de 1952.

Certas fontes sinalan que naceu en Castromil, Hermisende (Zamora).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha