Nacemento:
Morte:
Labrego, 27 anos. Veciño de Corzos.
Fuxido. Sancionado. Exiliado.
Cando se produce o alzamento foxe e únese á guerrilla.
Despois da sublevación a súa nai morreu queimada cando os falanxistas da zona lle prenderon lume á casa familiar.
Formou parte do grupo de Alfredo Yáñez Domínguez, Aguirre, e onde tamén estaban Panarra, Serio, José Vega Seoane, Ánimas, e Sinsegundo; todos eran antigos membros da Sociedade Obreira e Campesiña de Santa María de Xares, A Veiga. Actuaban na Cabreira, Ponferrada, Viana do Bolo, O Bolo, O Barco de Valdeorras e A Gudiña.
Militante do PCE.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ourense polo delito de asasinato, na causa 7/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Declararon fuxidos neste proceso a: Juan-José Rodríguez Couso, Domingo Rodríguez Rodríguez e Alfredo Yáñez Domínguez.
En febreiro do ano 1937 os franquistas embargáronlle os seus bens.
Trasladouse á zona republicana do Principado de Asturias.
A primeiros dos anos corenta era xefe dun grupo guerrilleiro, que actuaba na Serra de Corzos e na Terra do Bolo e de Valdeorras, dentro da II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
Nesta partida figuraban, entre outras persoas: Mario Morán García, Arcadio Ríos Rodríguez, Alfredo Yáñez Domínguez e José Vega Seoane.
Máis tarde incorporouse ao grupo de Cándido Losada Estévez, Malvavisco.
No ano 1948 logrou fuxir de Galicia e exiliarse en Francia; morreu na rexión de París.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.