← Volver atrás

Ortega Prada, Alfonso-José-Agustín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Sancionado

Nacemento:

San Justo de Sanabria
(Zamora)
- 17/05/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Brañuelas, Villagatón
(León)
- 03/01/1944 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario municipal e político, 34 anos. Casou o día 26/11/1926 en Matarrosa de Sil, Toreno (León) con Generosa Lorenzo Escuredo; tiveron seis fillos. Veciños de Santa María de Xares, A Veiga (Ourense) desde 1932. 1º oficial do concello da Veiga en febreiro de 1936.

Militante da Afrupación Socialista (AS) de Xares. No ano 1933 era secretario da Sociedade de Labregos de Xares, vencellada á UXT. Membro da xestora da Fronte Popular (FP) na Veiga.

Fuxido. Sancionado.

Representou ao PSOE no Comité de Defensa da República da Veiga; despois tivo que fuxir ao monte para salvar a vida.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 16/11/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 1335/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Xulgado o día 03/02/1937 noutro consello de guerra polo delito de auxilio á rebelión, na causa 160/37, co resultado tamén de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Xulgado en consello de guerra o día 19/04/1937 en Ourense por roubo, na causa 526/37, co mesmo resultado anterior.

Absolveron no proceso a Antonio Yáñez Fernández e declararon fuxidos a: Juan Álvarez Escudero, José Blanco, Melchor Diéguez, José Lameiro Bermúdez, Andrés Murias, Antolín Murias, Alfonso-José-Agustín Ortega Prada, Francisco Porto Seoane, Joaquín Seoane Domínguez e Plácido Sobrino.

Andou dous anos fuxido no monte cambiando a súa identidade pola do seu cuñado e ao descubrilo marchou cara o Bierzo (León), onde traballou na agricultura e na industria da madeira. Os falanxistas queimáronlle a casa e encarceraron ou deportaron a varios familiares.

No ano 1943 instalouse en Toral de los Vados (León) para montar un serradoiro.

Morto en Brañuelas no accidente ferroviario máis grave da historia de España; falan algunhas fontes de que houbo unhas 800 vítimas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha