← Volver atrás

Murias, Andrés

Alcume: o Cristovo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Santa María de Xares, A Veiga
(Ourense)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Curva de Prado, A Veiga
(Ourense)
- 30/12/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 27 anos. Veciño de Santa María de Xares. Irmán de Antolín Murias, tamén fuxido.

Membro da Sociedade de Labregos e Oficios Varios de Xares.

Fuxido. Executado.

Despois do alzamento sedicioso andou en fuga no monte.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión, na causa 526/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Absolveron no proceso a Antonio Yáñez Fernández e declararon fuxidos a: Juan Álvarez Escudero, José Blanco, Melchor Diéguez, José Lameiro Bermúdez, Andrés Murias, Antolín Murias, Alfonso-José-Agustín Ortega Prada, Francisco Porto Seoane, Joaquín Seoane Domínguez e Plácido Sobrino.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ourense na causa 7/43.

As autoridades rebeldes acusárono de colaboración coa resistencia antifranquista.

Finou a mans da Garda Civil na Curva de Prado.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Santa María da Veiga con José Porto Murias.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha