← Volver atrás

Lameiro Bermúdez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

A Veiga
(Ourense)

Morte:

A Veiga
- 01/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político. Veciño da Veiga. Curmán de Benigno Romero Lameiro, fuxido e exiliado.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Membro do Comité de Defensa da Veiga contra os rebeldes. Despois agochouse.

Xulgado en consello de guerra polo delito de auxilio á rebelión, na causa 526/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Absolveron no proceso a Antonio Yáñez Fernández e declararon fuxidos a: Juan Álvarez Escudero, José Blanco, Melchor Diéguez, José Lameiro Bermúdez, Andrés Murias, Antolín Murias, Alfonso-José-Agustín Ortega Prada, Francisco Porto Seoane, Joaquín Seoane Domínguez e Plácido Sobrino.

Cando se produce o golpe militar, escondeuse co seu curmán Benigno e con Clemente-Vidal Fernández Lorenzo, Clemente Vidal, en Santiago de Corzos, A Veiga (Ourense).

Co tempo volveron á casa dos Lameiro, onde os rodearon forzas da Garda Civil e dos falanxistas; prodúcese un enfrontamento e José morre na acción, abrasado vivo, despois de que os represores lle puxeran lume á casa e o feriran de gravidade. O seu curmán Benigno foi quen de fuxir.

Antes da súa morte e no desenvolvemento do enfrontamento feriu a dous gardas civís.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha