Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 35 anos. Veciño da Veiga. Secretario do Concello de Vilariño de Conso na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja e de Monterrei (Ourense) na II República. Irmán de Rafael Fernández Lorenzo, encarcerado, e Tiberio Fernández Lorenzo, morto nun campo de exterminio. Estudou no Seminario de Astorga (León).
Secretario do Comité Local de Esquerda Republicana (ER) da Veiga. Co triunfo da Fronte Popular (FP) nomeárono delegado gobernativo para proceder á destitución da corporación dereitista da Veiga e nomeárono concelleiro desta localidade o día 03/03/1936.
Fuxido. Paseado.
Cando se produce a sublevación militar desenvolveu a presidencia do Comité Revolucionario de Defensa da República na súa localidade e o día 21/07/1936 fíxose cargo do goberno municipal.
Despois da caída da Veiga nas mans dos rebeldes foxe ao monte, onde se ocultou cos irmáns Benigno Romero Lameiro e José Lameiro Bermúdez en Santiago de Corzos, A Veiga (Ourense)
Tempo despois a Garda civil capturou o día 24/11/1936 na Serra de Seoane, A Veiga, a: Clemente-Vidal Fernández Lorenzo; Manuel González Yebra, Fortunato Vega Rodríguez e Amable Vidal Enríquez. A Manuel, Fortunato e Amable matáronos a balazos no lugar da captura. A Clemente asasinárono ao día seguinte.
A Fernández Lorenzo trasladárono aos Lameiros e, a uns 200 m da Veiga, asasinárono polas costas os gardas que o custodiaban dous días despois.
Morte rexistrada nos Lameiros a causa de “un servicio efectuado por la Guardia Civil”.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.