← Volver atrás

Álvarez Méndez, Hilario

Alcume: Bienvenido
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Ponferrada
(León)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Arroyo de Capeloso, Villasinde, Vega de Valcarce
(León)
- 17/03/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Electricista, 29 anos. Compañeiro de Alberta Viñales Martínez, a Chata.

Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS) das que era presidente comarcal nas minas de Ponferrada (León).

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Loitou coas forzas republicanas como miliciano das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).

Rematada a guerra civil quedou no monte e formou parte das guerrillas leonesas.

En 1941 achábase na zona de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Participou no Congreso de Ferradillo, en Priaranza del Bierzo, preto de Ponferrada, nos Montes Aquilianos (León) do día 24/04/1942, no que se reuniron 24 guerrilleiros de todas as tendencias políticas, asturianos, leoneses e galegos, e que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Elixiuse un Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva e no que tamén figuraban César Ríos Rodríguez, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra Casas e Manuel Girón Bazán como lugartenentes. Había cinco socialistas, catro anarquistas da CNT, seis da UXT, catro comunistas e cinco sen adscrición política. A base de operacións era a Serra do Eixe, nos montes de Casaio (Ourense).

Os 24 asistentes a este congreso foron: Edelmiro Alonso García, Delmiro; Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido; Abel Ares Pérez; Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva; Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Manuel Girón Bazán, Girón; Manuel Gutiérrez Abella; Abelardo Gutiérrez Alba; Gerardo Lamas Cerezales; Pedro Lamas Cerezales, Pedrín; Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Guillermo Morán García, Asturiano; Mario Morán García; Antolín Murias, Paciencia; Victorino Nieto Rodríguez, Cuñeira; Enrique Oviedo Blanco, Chapa; Marcelino de la Parra Casas, Parra; Amador Pérez Poncelas; Eduardo Pérez Vega, o Tameirón; César Ríos Rodríguez; Arcadio Ríos Rodríguez; José Vega Seoane, Ánimas, e Pedro Voces Canóniga, Pitaciega.

Nomeado responsable da I Agrupación con Miguel Cuellas Gómez, Artillero. A súa compañeira Alberta Viñales Martínez, integrouse no grupo en 1945. En 1948 non quere entrar no EGG pola submisión aos comunistas.

A finais de 1948, con Oliveros Fernández Armada, Negrín, do PCE; os cenetistas Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Victorino Nieto Rodríguez e Alpidia García Moral, pasan á zona que delimita as provincias de Lugo e León. Tentaban abandonar España.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de León, na causa 112/48, na causa 280/48 e na causa 58/49.

O día 17/03/1949 ao seu grupo sorprendérono en Villasinde e no enfrontamento coas forzas represivas morreron Abelardo, Alpidia e Hilario; conseguiron fuxir Victorino Nieto e Oliveros Fernández.

A súa compañeira Alberta puido saír de España, en 1949, cara Francia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.