← Volver atrás

Orozco Palacín, Eduviges

Alcume: Andaluz, Orozco
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Arroyo del Puerco
(Cáceres)
- 08/06/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Castellanos, Ocero, Vega de Espinareda
(León)
- 24/02/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Barbeiro, 26 anos.

Secretario da Agrupación Socialista (AS) de Arroyo del Puerco ata o 18/07/1936. Militante da UXT. Co tempo pasouse ao PCE.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Cando se produce a revolta militar foxe ao monte e logo consegue unirse ao exército republicano, onde acadou o grao de sarxento.

Prendérono os rebeldes en Ciudad Real; o 04/05/1939 trasladárono á prisión de Ocaña (Toledo) e o día 16/03/1940 á de Cáceres.

Xulgado en consello de guerra en Cáceres, o día 28/05/1940, polo delito de adhesión á rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Pasou polos cárceres de Cáceres e Celanova (Ourense); rematou o día 05/03/1943 no Destacamento Penal de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense), de onde foxe con outra persoa o día 29/06/1944 e únese á guerrilla antifranquista na partida de Manuel Girón Bazán, Girón, do que foi logo o seu xefe de Estado Maior.

Polo día 24/02/1949 forman un grupo guerrilleiro: Enrique Oviedo Blanco, Chapa; a compañeira de Enrique, Asunción Macías Fernández, a Pandereta; Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Francisco Martínez López, Quico; Alfonso Rodríguez López, o Galego; Antonio López Núñez, Objetivo; Bernardo Álvarez Trabajo, Pájaro, e Eduviges Orozco Palacín, Andaluz.

Tamén estivo na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) que mandaba Evaristo González Pérez, Roces.

Traizoados por un enlace de Berlanga del Bierzo (León), caeron nunha redada da Garda Civil, que mandaba o comandante Miguel Arricivita Vidondo, nos montes de Ocero, na que abateron a Rodríguez López e a Eduviges Orozco. A Orozco identificárono as autoridades represoras como Manuel Girón Bazán, Girón. O resto da partida, algúns feridos, puideron escapar. Bernardo, ferido nunha perna, conseguiu fuxir aos montes de Remesar.

Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1953.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.