← Volver atrás

López Núñez, Antonio

Alcume: Objetivo
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Veciño de Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

Encarcerado.

Despois do alzamento loitou co Exército Popular da República no Principado de Asturias.

Prendérono os franquistas e confinárono nun batallón de traballadores.

Posto en liberdade, volvérono meter na cadea no ano 1944, acusado de ser enlace da guerrilla e liberado en 1946 coa condición de infiltrarse entre os homes do monte. Polo contrario, Antonio uniuse de xeito definitivo aos fuxidos.

Polo día 24/02/1949 forman un grupo de fuxidos: Enrique Oviedo Blanco, Chapa; a compañeira de Enrique, Asunción Macías Fernández, a Pandereta; Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Francisco Martínez López, Quico; Alfonso Rodríguez López, o Galego; Antonio López Núñez, Objetivo; Bernardo Álvarez Trabajo, Pájaro, e Eduviges Orozco Palacín, Andaluz.

Traizoados por un enlace de Berlanga del Bierzo (León), caeron nunha redada da Garda Civil, que mandaba o comandante Miguel Arricivita Vidondo, nos montes de Ocero, Vega de Espinareda (León) e na que abateron a Rodríguez López e a Eduviges Orozco. A Orozco identificárono as autoridades represoras como Manuel Girón Bazán, Girón. O resto da partida, algúns feridos, puideron escapar. Bernardo, ferido nunha perna, conseguiu fuxir aos montes de Remesar.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Ourense na causa 404/49.

Antonio López desmentiría, tempo andado, diante do comandante Arricivita a morte de Girón en Ocero.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha