← Volver atrás

Álvarez Trabajo, Bernardo

Alcume: Gasta
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Bembibre
(León)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Penacova, San Xoán de Remesar, Bóveda
(Lugo)
- 22/06/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 21 anos.

Encarcerado. Morte en enfrontamento.

Durante a guerra civil facía o servizo militar en Cádiz. Detivérono os falanxistas e ingresárono no penal do Puerto de Santa María (Cádiz) e puxérono en liberdade o día 17/07/1941.

Condenado á pena de morte e logo amnistiado.

Converteuse en enlace da guerrilla leonesa e en febreiro de 1948 incorporouse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

En febreiro de 1948 tenta trasladarse a El Valle (León) con Benigno García González, o Vello, e Francisco Martínez López, Quico, para xuntarse con Mario Morán García e decidir sobre a organización das guerrillas despois de que os militantes socialistas decidiran deixar a loita armada. Apertados pola Garda Civil tiveron que repregarse ata Rodrigatos de las Regueras, Igüeña (León), onde se enfrontaron aos represores.

Polo día 24/02/1949 forman grupo Enrique Oviedo Blanco, Chapa; a compañeira de Enrique, Asunción Macías Fernández, a Pandereta; Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Francisco Martínez López, Quico; Alfonso Rodríguez López, o Galego, Objetivo; Bernardo Álvarez Trabajo, Gasta, e Eduviges Orozco Palacín, Andaluz.

Traizoados por un enlace de Berlanga del Bierzo (León), caeron nunha redada da Garda Civil, que mandaba o comandante Miguel Arricivita Vidondo, nos montes de Ocero, Vega de Espinareda (León) e na que abateron a Rodríguez López e a Eduviges Orozco. A Orozco identificárono as autoridades represoras como Manuel Girón Bazán, Girón. O resto da partida, algúns deles feridos, puideron escapar. Bernardo, ferido nunha perna, conseguiu fuxir aos montes de Remesar.

Formaba parte na II Agrupación do EGG, no grupo de Manuel Fernández Soto, Coronel Benito, Soutiño, con Elías López Armesto, o Paxariño, cando os asasinou Francisco Cano Román, un infiltrado represor no seo da guerrilla, que entrara por medio do enlace Senén Garrido, de Santa María de Toiriz, Pantón (Lugo).

Morreu o día 22/06/1949 a mans de Francisco Cano Román na Penacova, xunto con Manuel Fernández Soto. A Elías López Armesto ferírono e morreu uns días despois. Soterráronos no cemiterio de Teilán.

Morte rexistrada por mor de feridas de arma de fogo.

José-Luis Castro Veiga, o Piloto, puido fuxir do lugar dos feitos, desvinculouse da organización e converteuse nunha especie de "topo"; tiña medo de que os comunistas o acusaran das mortes dos seus compañeiros.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.