Nacemento:
Morte:
Tiña 36 anos.
Militante da UXT e do PSOE.
Fuxido. Encarcerado. Exiliado.
Cando comeza a guerra civil foxe ao monte con Manuel Girón Bazán, Girón, incorporándose á “fronte dos Girones”.
Arrestado polos franquistas en febreiro de 1937, condenárono a 20 anos de cadea e puxérono en liberdade o día 26/05/1940.
Convértese en axente de enlace dos fuxidos e en maio de 1944 desaparece do seu domicilio para unirse aos homes do monte.
No ano 1946 era membro da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
En 1947 participa en accións da II Agrupación da FG na zona de Bembibre (León), baixo a dirección do socialista Mario Morán García.
En febreiro de 1948 tenta trasladarse a El Valle (León) con Bernardo Álvarez Trabajo, Gasta, e Francisco Martínez López, Quico, para xuntarse con Mario Morán e decidir sobre a organización das guerrillas despois de que os militantes socialistas decidiran deixar a loita armada. Apertados pola Garda Civil tiveron que repregarse ata Rodrigatos de las Regueras, Igüeña (León), onde se enfrontaron aos represores.
O día 22/12/1948 sae de Carucedo (León), con Mario Morán García, cara Francia, conseguen cruzar a fronteira o día 26 de decembro e chegan a Mauléon-Licharre (Pireneos Atlánticos, Aquitania, Francia).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.