← Volver atrás

Martínez López, Francisco

Alcume: Quico
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Cabañas Raras
(León)
- 01/10/1925 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 10 anos. Comunista. Aos dez anos xa repartía propaganda do PCE. A súa familia traballaba en labores de enlace da guerrilla antifranquista.

Fuxido. Exiliado.

Francisco colabora co Servizo de Información Republicana (SIR) da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Enlace e apoio da resistencia. Enlace aos 15 anos; guerrilleiro con 22 anos. Formou parte da guerrilla na Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) desde setembro de 1947 ata 1951, despois de que o delataran uns veciños por ser enlace; neses catro anos mataron a case que todos os seus compañeiros. Primeiro uniuse ao grupo de Guillermo Morán García.

Oliveros Fernández Armada, Negrín, enlace da guerrilla queimado, en 1945 ingresou na FG e desde 1947 intégrase na II Agrupación na zona do Bierzo (León), no grupo que dirixe Silverio Yebra Granja, o Atravesado, e que tiña como comisario político a Francisco Martínez López.

En febreiro de 1948 tenta trasladarse a El Valle (León) con Benigno García González, o Vello, e Bernardo Álvarez Trabajo, Gasta, para xuntarse con Mario Morán García e decidir sobre a organización das guerrillas despois de que os militantes socialistas decidiran deixar a loita armada. Premidos pola Garda Civil tiveron que repregarse ata Rodrigatos de las Regueras, Igüeña (León), onde se enfrontaron aos represores.

Polo día 24/02/1949 forman grupo: Enrique Oviedo Blanco, Chapa; a compañeira de Enrique, Asunción Macías Fernández, a Pandereta; Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Francisco Martínez López, Quico; Alfonso Rodríguez López, o Galego; Antonio López Núñez, Objetivo; Bernardo Álvarez Trabajo, Pájaro, e Eduviges Orozco Palacín, Andaluz.

Traizoados por un enlace, caeron nunha redada da Garda Civil nos montes de Ocero, Vega de Espinareda (León), na que abateron a Rodríguez López e a Enrique Orozco. A Orozco identificárono as autoridades represoras como Manuel Girón Bazán, Girón. O resto da partida, algúns feridos, puideron escapar e uníronse á partida de Girón co que Quico combate ata a morte de Manuel Girón en 1951.

Sofre con Girón a emboscada dos represores en Corporales, Truchas (León), con outros dous compañeiros, e onde os fascistas asasinaron a dous irmáns que eran enlaces, Mariano e Laurentino.

José Rodríguez Cañueto e outros dous axustizaron o día 24/04/1951 ao presidente da Xunta Local de Santa Eulalia da Cabrera, Antonio León Carrera, e a unha muller de Quintanilla de Losada, Carmen Ballesteros Rodríguez, para gañarse a confianza da guerrilla e a do propio Manuel Girón Bazán. Nesta acción o asasino implicou aos mozos do grupo de Girón, quen tamén enganado dera o seu consentimento: Pedro Juan Méndez, Jalisco, e Francisco Martínez López, Quico. Quico manifesta que eles non participaron nestes asasinatos.

Condenado á morte polo franquismo, exiliouse en Francia en setembro de 1951 con varios compañeiros, entrando desde Navarra por Aldudes (Pireneos Occidentais, Francia).

Despois adicouse durante moitos anos a que se recoñecera a memoria dos resistentes antifranquistas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.