← Volver atrás

Macías Fernández, Asunción

Alcume: a Pandereta
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxida. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Paradela de Muces, Priaranza del Bierzo
(León)

Morte:

Paradela de Muces, Priaranza del Bierzo
(León)
- 27/11/1950 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Viúva; tiña dous fillos.

Militante da CNT.

Fuxida. Morte en enfrontamento.

Despois de que a súa parella Camilo Prada Rodríguez finara asasinado polos franquistas no ano 1936, foi compañeira do guerrilleiro socialista Enrique Oviedo Blanco, Chapa, ao que acompañou no monte desde o ano 1945, ano no que se incorporou á Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG). A finais de 1948 Asunción e Enrique intégranse na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Polo día 24/02/1949 Chapa está nun grupo coa súa compañeira Asunción Macías Fernández, a Pandereta; Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Francisco Martínez López, Quico; Alfonso Rodríguez López, o Galego; Antonio López Núñez, Objetivo; Bernardo Álvarez Trabajo, Pájaro, e Eduviges Orozco Palacín, o Andaluz. Traizoados por un enlace, caeron nunha redada da Garda Civil nos montes de Ocero, Vega de Espinareda (León), na que abateron a Rodríguez López e a Enrique Orozco. A Orozco identificárono as autoridades represoras como Manuel Girón Bazán, Girón. O resto da partida, algúns feridos, puideron escapar.

A primeiros do 1950 retirouse con Enrique Oviedo á súa vila natal de Paradela de Muces, para preparar a saída de España, mentres actuaban de xeito autónomo.

Por mor dunha denuncia dun familiar da súa compañeira, o 27 de novembro dese ano 1950, o seu refuxio nunha corte de gando en pleno campo, cercárono forzas represoras coas que mantiveron un duro enfrontamento ata que esgotaron a munición.

Estimando que a resistencia era inútil, Enrique matou a Asunción e logo suicidouse; cando todo rematou os gardas atoparon os dous cadáveres.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha