← Volver atrás

Cano Román, Francisco

Alcume: Comandante Félix, Don Carlos
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Tetuán
(Marrocos)
- 14/06/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cantoria (Almería
- 25/10/1955 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e garda civil, 28 anos. Nos seus primeiros anos foi contrabandista e traficante de armas. Membro do Servizo de Información do Exército, acadou o grao de capitán de complemento de Enxeñeiros.

Falanxista.

Traballou para o Servizo de Información do Exército e para a Xefatura de Información de Falanxe.

Represor.

Participou en operacións encubertas dos represores por toda a península.

Participou como infiltrado nas guerrillas en distintos lugares de España.

Cano presentouse diante do enlace da guerrilla en Santalla de Toiriz, Pantón (Lugo), Senén Garrido, dicindo que se trataba dun antifranquista que quería entrar nas partidas. Senén púxoo en contacto con José-Luis Castro Veiga, o Piloto, e o seu lugartenente Elías López Armesto; a pesares das desconfianzas, aceptaron o seu ingreso provisorio, a pesares da forte oposición de Manuel Zapico Terente, que sempre desconfiou.

Pasou os informes a Miguel Arricivita Vidondo que deron lugar ao enfrontamento do día 20/04/1949 cun grupo de fuxidos en Repil e O Piricallo, en Chavaga, onde interviñeron 150 gardas civís de Ponferrada (León) e de Monforte de Lemos (Lugo). Guillermo Morán García, Asturiano; Julián Acebo Alberca, Guardiña; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo, morreron cando tentaban romper o cerco das forzas represivas. Tamén finou, probablemente por suicidio, Evaristo González Pérez, Rocesvinto. A Ramón López Casanova e a María López Casanova, que actuaban como enlaces e eran os donos da casa, executáronos en represalia. Fermín Gutiérrez Lada, Segura, ferido, foi quen de fuxir con Samuel Mayo Méndez. A María-Luisa López Centeno, compañeira de Rocesvinto, ferírona e prendérona.

A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que sería quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.

Infiltrouse no grupo de Manuel Fernández Soto, Coronel Benito, Soutiño, ao que acompañou e co que coñeceu moitos enlaces, apoios e refuxios. Asasinou a Manuel Fernández en Penacova, San Xoán de Remesar, Bóveda (Lugo) nun enfrontamento o día 22/06/1949. Con Manuel morreron tamén Bernardo Álvarez Trabajo, Gasta, e Elías López Armesto, o Paxariño, ferido e morto días despois.

Por mor da información de Cano á Benemérita houbo redadas masivas en Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón, Bóveda e Chantada, que provocaron o remate definitivo da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Dérono oficialmente por morto o día 25/10/1955 por mor dun accidente de bicicleta en Cantoria (Almería).

Outras fontes sinalan que morreu en Madrid no ano 1972.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.