Nacemento:
Morte:
Tiña 20 anos.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Combateu na guerra civil nas filas do exército republicano, na 28ª Brigada Mixta, 1ª División do I Corpo de Exército do Exército do Centro e acadou o grao de sarxento.
Coa derrota republicana a súa familia rematou represaliada e un dos seus irmáns asasinado.
A Fermín encadeárono e ingresárono na Colonia Penitenciaria de El Dueso, Santoña (Cantabria).
Xa en Liberdade pasou ao Bierzo leonés e actuou de enlace da guerrilla antifranquista; cando o descubriron incorporouse en 1946 co seu veciño Manuel Zapico Terente á guerrilla en Galicia.
A finais dos anos corenta formaba parte do Destacamento Santiago Carrillo, da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que comandaba Evaristo González Pérez, Rocesvinto.
Neste destacamento estiveron: Julián Acebo Alberca, Guardiña; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo; Gumersindo Fernández Incógnito; Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Fermín Gutiérrez Lada, Segura; Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Guillermo Morán García, Asturiano; Máximo Nóvoa Barreiros; José Pallarés Taboada e José-María Saavedra Díaz, Pepe.
Participou no enfrontamento de Repil e O Piricallo, en San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo), do día 20/04/1949, no que interviñeron 150 gardas civís de Ponferrada (León) e Monforte de Lemos (Lugo). Guillermo Morán García, Asturiano; Julián Acebo Alberca, Guardiña, e Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo, morreron cando tentaban romper o cerco das forzas represivas. Tamén finaron, probablemente por suicidio, Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Ramón López Casanova e María López Casanova; estes dous últimos eran irmáns, enlaces e donos da casa e executáronos en represalia. Fermín Gutiérrez Lada foi quen de fuxir, ferido na cara, con Samuel Mayo Méndez. A María-Luisa López Centeno, compañeira de Rocesvinto, ferírona e prendérona.
A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que sería quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.
Despois da fuxida de Chavaga, chegou a San Pedro de Cereixa, A Pobra do Brollón (Lugo), onde se refuxiou na antiga casa reitoral e actuou como un guerrilleiro solitario. Co tempo uniuse ao grupo que capitaneaba José-Luis Castro Veiga, o Piloto.
O Tribunal Militar Territorial de Lugo encartouno na causa 318/49, na causa 13/50, na causa 144/50, na causa 76/51 e na causa 181/52.
O día 10 de outubro de 1953 deulle o alto a Garda Civil nun control ao chou en Argozón, fuxiu para agocharse nunha casa, tentou suicidarse cun disparo na tempa e prendérono pero morreu no traslado.
Morte rexistrada por mor dunha hemorraxia cerebral.
Soterrárono nunha fosa común en Chantada.
Como os represores o identificaron de xeito errado como Fermín Gómez Segura, a súa familia seguiu a sufrir represalias ata o momento no que se corrixe o erro de identificación.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.