← Volver atrás

Pallarés Taboada, José

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Monte Chelo, Coles
(Ourense)
- 24/11/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Formaba nun dos grupos do Destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que operaba ao nordés de Ourense.

Neste destacamento estiveron: Julián Acebo Alberca, Guardiña; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo; Gumersindo Fernández Incógnito; Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Fermín Gutiérrez Lada, Segura; Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Guillermo Morán García, Asturiano; Máximo Nóvoa Barreiros; José Pallarés Taboada e José-María Saavedra Díaz, Pepe.

Xulgado en consello de guerra en Ourense con Máximo Nóvoa Barreiros na causa 586/48.

O día 24/11/1948 a Garda Civil iniciou unha batida polas covas das beiras do Miño, ao nordés de Ourense; na mañá do día 25 chegaron ao monte Chelo, a uns quilómetros de Coles. Unha cova da zona vixiábana dous homes; os represores abriron fogo e mataron a Máximo Nóvoa Barreiros, mentres José Pallarés Taboada puido retirarse ao interior da gruta, onde se atopaba tamén Raúl Castro Cao, xefe do destacamento. Aquilo era unha rateira cunha soa saída; saíron tirando bombas de man, Raúl conseguiu escapar e Pallarés morreu no intento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha