Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 25 anos.
Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) no ano 1936.
Encarcerado. Morte en enfrontamento.
Ex-combatente do exército republicano.
Prendérono os fascistas ao caer a Fronte Norte.
Xulgado en consello de guerra co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.
Ingresado como mineiro no Destacamento Penal das Minas de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Concédeselle a liberdade vixiada o dous de marzo de 1944 e ingresa na Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
Participou en varias accións tanto na primitiva organización de Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, como posteriormente na II Agrupación.
A finais de 1947 incorporouse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), no Destacamento Santiago Carrillo, que dirixía Mario Morán García, con Guillermo Morán García, Asturiano (irmán de Mario Morán), e Evaristo González Pérez, Rocesvinto.
Neste destacamento estiveron Julián Acebo Alberca, Guardiña; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo; Gumersindo Fernández Incógnito; Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Fermín Gutiérrez Lada, Segura; Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Guillermo Morán García, Asturiano; Máximo Nóvoa Barreiros; José Pallarés Taboada e José-María Saavedra Díaz, Pepe.
Morreu na batalla de Repil. Enfrontamento en Repil e O Piricallo do día 20/04/1949, no que interviñeron 150 gardas civís de Ponferrada e Monforte contra guerrilleiros do Destacamento Santiago Carrillo. Guillermo Morán García, Julián Acebo Alberca e Gregorio Colmenero Fernández morreron cando tentaban romper o cerco das forzas represivas. Tamén finaron, probablemente por suicidio, Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Ramón López Casanova e María López Casanova; estes dous últimos eran dous irmáns que facían de enlaces e que eran os donos da casa; executáronos en represalia. Fermín Gutiérrez Lada, Segura, e Samuel Mayo Méndez foron quen de fuxir e María-Luisa López Centeno, compañeira de Rocesvinto, rematou ferida e prendida.
A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que foi quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.