Nacemento:
Morte:
Canteiro, 12 anos. Veciño de San Lourenzo de Olas, Mesía (A Coruña).
Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) e do PCE.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Foi un dos guerrilleiros antifranquistas aos que enviaron a Francia, no ano 1945, para asistir a cursos de formación guerrilleira.
Enlace da guerrilla, escapou ao monte no verán de 1946 para que non o prenderan.
Xefe do Destacamento Santiago Álvarez despois da morte, o día 26/06/1946, de Lisardo Freijo López, Tenente Freixo. Unírase a este destacamento a mediados de 1946.
Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispa; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.
Ao seu destacamento incorporouse tamén en 1946 Demetrio García Álvarez, Pedro.
Reclamouno o Xulgado Militar da Coruña en setembro de 1946.
No ano 1948 nomearon xefe da II Agrupación do EGG a Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.
A esta agrupación faríana a responsable de varios asaltos e das mortes dos veciños de Piñor (Ourense) Montero Cid (falanxista) e Emilio Padrón Cuíñas o día 23/08/1948; do alcalde de Coles (Ourense) José López Quiroga; e do veciño de Santa María de Piúca, Maceda (Ourense) Severo Rubín Pérez.
Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González; Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimárona.
En Ourense conseguiu achegar ao EGG as partidas de guerrilleiros de Demetrio García Álvarez, Pedro; a de Manuel Álvarez Silva e a de Albino Gómez Rodríguez, o Albino, o Moreiras.
Formou parte do Destacamento Santiago Carrillo.
Neste destacamento estiveron: Julián Acebo Alberca, Guardiña; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo; Gumersindo Fernández Incógnito; Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Fermín Gutiérrez Lada, Segura; Samuel Mayo Méndez; Guillermo Morán García, Asturiano; Máximo Nóvoa Barreiros; José Pallarés Taboada e José-María Saavedra Díaz, Pepe.
Despois da aniquilación o día 20/04/1949 da II Agrupación na batalla de Repil, nas casas de Repil e O Piricallo, en San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo), redada da que puido escapar Samuel con Fermín Gutiérrez Lada, e da morte de Benigno Fraga Pita na Serra de San Mamede oito días despois, Saúl das Olas marchou para A Coruña e incorporouse á IV Agrupación do EGG. En Repil morreran os seus compañeiros do Destacamento Santiago Carrillo: Guillermo Morán García; Julián Acebo Alberca, o Guardiña; Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo, e os enlaces Ramón López Casanova e a súa irmá María López Casanova. Á moza de Rocesvinto, María-Luisa López Centeno, ferírona e prendérona.
Esta redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que sería quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.
Algúns enlaces e o supervivente Fermín Gutiérrez Lada acusárono de infiltrado e responsable da matanza de Chavaga; isto nunca se comprobou e desde 1957 sóubose que o verdadeiro delator fora o dito Jesús Costoya.
En maio de 1950 abateuno a Garda Civil nunha emboscada en Mangoño na tarde do 31 de maio.
A II Agrupación de Ourense e a V Agrupación de Pontevedra foran desmanteladas. Mantiñan a súa actividade a III en Lugo e a IV na Coruña; esta última era a máis emblemática e a que contaba con maior apoio popular de toda España.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.