← Volver atrás

Santos Rodríguez, Ángel

Alcume: Antonio de Verín
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Desaparecido

Nacemento:

San Pedro de Flariz, Monterrei
(Ourense)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Fuxido. Desaparecido.

Membro da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG), onde foi compañeiro de Manuel Girón Bazán, Jesús Girón Bazán, Hilario Álvarez Méndez e de Eduviges Orozco Palacín.

En agosto do ano 1946 incorporouse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Convértese en xefe militar da II Agrupación do EGG Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.

Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González; Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada.

O día 27/10/1947 oito números da Garda Civil rodearon a vivenda de Amadeo Domínguez Barreirro e de Pilar Suárez García, en Florderrei Vello, Santa Baia de Arzádegos, Vilardevós (Ourense), onde se agochaban Ángel Santos Rodríguez e Francisco Peña Rodríguez.

No asalto morre Francisco Peña Rodríguez e o garda civil Miguel Álvarez Barreira; Ángel Santos consegue fuxir ferido.

Acompañou a Samuel Mayo Méndez, no mes de maio de 1949, a unha reunión cos dirixentes da I Agrupación en Valdeorras (León). Desde aquí pérdeselle a pista.

Os sucesivos desastres nos anos 1948 e 1949 da II Agrupación do EGG en Ourense, albergou as sospeitas de que había un infiltrado. Diversas fontes defenden que o dito infiltrado era Antonio de Verín, ao que as forzas represoras lle facilitarían a fuxida cara Brasil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.