← Volver atrás

Domínguez Barreiro, Amadeo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Soutocovo, Santa Cruz de Terroso, Vilardevós
(Ourense)
- 27/10/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casado con Pilar Suárez García; tiñan dúas fillas que quedaron no desamparo. Veciños de Florderrei Vello, Santa Baia de Arzádegos, Vilardevós.

Morte en enfrontamento.

O día 27/10/1947 oito números da Garda Civil arrodearon a súa vivenda en Florderrei Vello, onde se agochaban os guerrilleiros antifranquistas Ángel Santos Rodríguez e Francisco Peña Rodríguez.

No asalto morre o guerrilleiro Francisco Peña Rodríguez e o garda civil Miguel Álvarez Barreira; Ángel Santos consegue fuxir ferido.

Amadeo finou asasinado nunha emboscada de forzas da Garda Civil cando fuxía e a Pilar prendérona, torturárona, violárona e asasinárona ao día seguinte no Pinal da Carolina, preto de Florderrei.

Por mor destes pasamentos o Tribunal Militar Territorial de Ourense abriu a causa 530/47.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha