← Volver atrás

Suárez García, Pilar

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseada

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Pinal da Carolina, Santa Baia de Arzádegos, Vilardevós
(Ourense)
- 28/10/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casada con Amadeo Domínguez Barreiro. Veciños de Florderrei Vello, Santa Baia de Arzádegos.

Paseada.

O día 27/10/1947 oito números da Garda Civil rodearon a súa vivenda en Florderrei Vello, onde se agochaban os guerrilleiros antifranquistas Ángel Santos Rodríguez e Francisco Peña Rodríguez.

No asalto morre Francisco Peña Rodríguez e o garda civil Miguel Álvarez Barreira; Ángel Santos consegue fuxir ferido.

Amadeo finou asasinado o día 27/10/1947, nunha redada de forzas da Garda Civil cando fuxía, e a Pilar prendérona, torturárona e asasinárona ao día seguinte no Pinal da Carolina, preto de Florderrei.

Por mor destes pasamentos o Tribunal Militar Territorial de Ourense abriu a causa 530/47.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha