← Volver atrás

Fernández Seguín, Carmen

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxida. Encarcerada. Sancionada

Nacemento:

Coalloso, Santo Estevo de Sandiás, Sandiás
(Ourense)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Sandiás
- 23/06/1998 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Política, 31 anos. Casou en 1928 co chofer Jesús de Dios de Dios, fuxido e encarcerado (+1945); tiveron tres fillos: Perfecto, Camilo e Castor. Veciños de Coalloso. Eran dez irmáns, tres deles falanxistas. Nai de Camilo de Dios Fernández e de Perfecto de Dios Fernández.

Militante do PCE desde 1932, igual que o seu home.

Fuxida. Encarcerada. Sancionada.

Actuou de enlace da guerrilla antifranquista despois do golpe de 1936 e subministradora de provisións. O seu home andou fuxido no monte e pasou a Portugal acompañado de Antonio, irmá do home. Requisáronlles a casa de Sandiás, que logo conseguiron recuperar. Jesús permaneceu fuxido en Portugal durante catro anos.

A súa casa converteuse en base de apoio e Carmen únese á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) da que era xefe militar Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.

Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, O Tío Calatrava, e Nieves González. Despois do enfrontamento de Velle, os guerrilleiros abandonaron a base por seguridade. Francisco, o encargado, sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada; aplicáronlle a Lei de Fugas.

Uniuse ao grupo de Juan Sorga Rodríguez, que desde o mes de outubro de 1948 tentaban pasar a Francia.

Na viaxe sorprendeunos a Garda Civil en Chaherrero, Crespos (Ávila); o seu fillo Perfecto de Dios Fernández morreu no enfrontamento e a ela detivérona.

Xulgada en consello de guerra en Ourense en setembro de 1950 polo delito de “formar partidas armadas dedicadas al bandidaje y terrorismo”, na causa 111/50, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Tamén a procesaron no Tribunal Militar Territorial de Ourense na causa 201/50.

Volveulle ser incautada a súa casa de Sandiás.

Pasou 13 anos presa en Ávila, en Ourense, en Segovia, en Yeserías, en Alcalá de Henares e nas Ventas (estas tres últimas en Madrid).

Puxérona en liberdade definitiva no ano 1963 e trasladouse a Sandiás.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.