← Volver atrás

Nóvoa Barreiros, Manuel

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

Ourense
- 01/01/1930 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 18/03/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 6 anos. Veciño de Ourense.

Membro das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) e do Comité Provincial do PCE.

Morte en enfrontamento.

Integrouse na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) nos anos corenta.

Da II Agrupación do EGG convértese en xefe militar Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.

Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González; Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada.

Formou parte dun destacamento da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que dirixía Juan Sorga Rodríguez, Xanote, e no que tamén figuraban Camilo de Dios Fernández; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Antón López e José-María Saavedra Díaz, Pepe.

O día 18/03/1949 formaba parte do grupo de seis guerrilleiros localizados pola Garda Civil nunha casa que empregaban como refuxio preto do Cuartel de San Francisco, en Ourense. Nun primeiro asalto os guerrilleiros repeleron aos gardas e mataron ao capitán Francisco Piñel Estévez e ao garda José Rouco Vila. Pola parte dos guerrilleiros morrera Antón López.

A situación fíxose insostible e Antonio Pérez Barreiros, José-María Saavedra Díaz e outro guerrilleiro tentaron romper o cerco. Antonio e Saavedra resultaron gravemente feridos e capturados; o terceiro logrou escapar. Na casa permaneceron outros dous guerrilleiros que seguiron resistindo ata que a Garda Civil decidiu poñerlle lume á casa. Manuel Nóvoa Barreiros suicidouse e a Camilo de Dios Fernández ferírono e, por fin, capturárono. Juan Sorga Rodríguez e Manuel Rodríguez González fuxiron.

Soterrárono no cemiterio civil de San Francisco.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.