← Volver atrás

Pérez Barreiros, Antonio

Alcume: Cabila
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Ourense
- 01/01/1928 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Verín
(Ourense)
- 20/06/2012 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 8 anos.

Fuxido. Encarcerado.

Con oito anos xa repartía propaganda en Ourense contra o Réxime.

Ao rematar a guerra civil afiliouse ás Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU), nas que militou na clandestinidade e polo que o prenderon e encarceraron en Ourense; logrou fuxir.

A mediados dos corenta, cando repartía propaganda, atopouse cunha redada dos falanxistas e para escapar tirouse ao río Miño e fuxiu a nado.

No ano 1946 fuxiu ás montañas de Valdeorras (Ourense), onde se integrou nun destacamento da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que dirixía Juan Sorga Rodríguez.

Da II Agrupación do EGG convértese en xefe militar Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.

Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González; Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada.

Logo pasou ao grupo que dirixía Juan Sorga Rodríguez e onde tamén se atopaban Camilo de Dios Fernández, Antón López, Manuel Nóvoa Barreiros e José-María Saavedra Díaz, Pepe.

O día 18/03/1949 formaba parte do grupo de seis guerrilleiros localizados pola Garda Civil nunha casa que empregaban como refuxio en Velle, preto de Ourense. Nun primeiro asalto lograron repeler aos gardas, matando ao capitán Francisco Piñel Estévez e ao garda José Rouco Vila; por parte dos guerrilleiros morrera Antón López.

A situación fíxose insostible e Antonio Pérez, Saavedra e outro guerrilleiro tentaron romper o cerco. Antonio e Saavedra resultaron gravemente feridos e capturáronos; o terceiro logrou escapar. Na casa permaneceron outros dous guerrilleiros que seguiron resistindo ata que a Garda Civil decidiu poñerlle lume. Manuel Nóvoa Barreiros suicidouse e a Camilo de Dios Fernández ferírono e capturárono en Ourense con José-María Saavedra Díaz.

Xulgado nun consello de guerra na Coruña o día 27/08/1949 polo delito de atraco, na causa 167/49, co resultado de sentenza á pena de morte. Procesárono con Camilo de Dios.

Trasladado ao cárcere de Burgos onde coñeceu á súa futura dona, Isabel do Barro.

Conmutáronlle a pena pola de cadea perpetua, trasladárono ao penal de El Dueso, Santoña (Cantabria) e saíu en liberdade a finais dos anos sesenta.

Instalouse en Verín e prendérono en marzo de 1971 con outras persoas por pertencer a Comisións Obreiras (CCOO).

Bernardo Máiz sinala que o fusilaron na Coruña en setembro de 1949.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.