← Volver atrás

Ansias Fernández, Gumersindo

Alcume: Sindo
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Santa María da Lamela, O Pereiro de Aguiar
(Ourense)
- 01/01/1926 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro, 10 anos.

Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS) de Lamela.

Fuxido.

Ingresa na guerrilla antifranquista no ano 1948 e incorporouse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Desta II Agrupación do EGG convértese en xefe militar Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.

Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González; Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada.

O día 21/12/1948, cos seus compañeiros de partida Perfecto de Dios Fernández, José-María Martínez Cerviño, Xaime, e Manuel Nóvoa Barreiros, manteñen un enfrontamento con forzas da Garda Civil en Toxediño, Santa María de Parada de Outeiro, Vilar de Santos (Ourense). No combate finou o garda civil Ramón Ponte Abraldes e feriron de gravidade ao sarxento Enrique Pérez Pérez e ao garda Honorino Gestoso González.

Os catro guerrilleiros abandonaron a zona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha