Nacemento:
Morte:
Carpinteiro.
Fuxido. Executado.
Ingresou nas Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) de Ourense a finais do ano 1946 e cando as desmantelaron en marzo de 1948 encargouse de reorganizalas.
Coa morte do comunista de Ourense Máximo Nóvoa Barreiros, incorporouse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Da II Agrupación do EGG convértese en xefe militar Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.
Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González; Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada.
Pertenceu logo ao grupo guerrilleiro de Juan Sorga Rodríguez.
Tentou chegar co resto do seu grupo a Francia; na viaxe sorprendeunos a Garda Civil en Chaherrero, Crespos (Ávila) o día 16/05/1950, co resultado da morte de Perfecto de Dios Fernández e a detención da nai deste, Carmen Fernández Seguín. Juan Sorga Rodríguez e el lograron fuxir e chegaron a Madrid.
O día 26/05/1950, cando viaxaban no tren correo Madrid-Zaragoza, detívoo a Garda Civil mentres Sorga saltou do tren e conseguiu fuxir.
Xulgado en consello de guerra en Madrid co resultado de sentenza á pena de morte.
Executárono os franquistas no garrote vil o día 03/09/1951.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.