← Volver atrás

Saavedra Díaz, José-María

Alcume: Pepe
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 03/04/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 23/07/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casado con Aurora Frutos Sánchez, a Coloma, encarcerada. Veciños de Santa Mariña de Sillobre, Fene (A Coruña).

Militante do PSOE.

Fuxido. Executado.

Nun primeiro momento foi enlace da guerrilla antifranquista; botouse ao monte en maio de 1937 diante do temor a ser detido.

Responsabilizouse, con Raúl Castro Cao, o Arxentino, dun destacamento da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) en Ourense e organizaron os refuxios guerrilleiros no val do Miño, en Ourense, e que controlaba Samuel Mayo Méndez.

Da II Agrupación do EGG converteuse en xefe militar Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.

Este grupo sería o responsable de varias mortes na zona de Ourense.

Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González; Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña na causa 109/49 por agresión ás forzas armadas.

Despois pasou á partida que mandaba Juan Sorga Rodríguez, Xanote, onde coincidiu con Camilo de Dios Fernández; Antón López; Antonio Pérez Barreiros, Cabila, e Manuel Nóvoa Barreiros. Concorreu con Benigno Fraga Pita, Alejandro, que era comisario político.

En Ourense foi xefe do Destacamento Santiago Carrillo con Raúl Castro Cao e actuaban no Val do Miño. Como xefes de grupo tiñan a Máximo Nóvoa Barreiros e a Gumersindo Fernández Incógnito. A sede principal achábase na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo, na Serra de San Mamede (Ourense).

Neste destacamento estiveron: Julián Acebo Alberca, Guardiña; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo; Gumersindo Fernández Incógnito; Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Fermín Gutiérrez Lada, Segura; Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Guillermo Morán García, Asturiano; Máximo Nóvoa Barreiros; José Pallarés Taboada e José-María Saavedra Díaz, Pepe.

O día 18/03/1949, con outros cinco compañeiros, localizouno a Garda Civil nun refuxio na Ponte Nova, en Velle, preto de Ourense. As primeiras de cambio repeleron o ataque e mataron ao capitán Francisco Piñel Estévez e ao garda civil José Rouco Vila; o guerrilleiro Antón López tamén morreu. A Camilo de Dios Fernández ferírono no enfrontamento; o seu compañeiro Manuel Novoa Barreiro finou no combate. Camilo e José-María Saavedra Díaz conseguiron fuxir cara Ourense, onde os cercaron gardas civís, policías e militares. A Saavedra malferírono de gravidade e tentou suicidarse, pero colléronos con vida; a Camilo tamén o feriran. Estiveron dous meses presos en Ourense e logo trasladáronos á Coruña.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 18/06/1949, co resultado de sentenza á pena de morte.

Axustizárono os franquistas no garrote vil na Prisión Provincial da Coruña.

Ao seu compañeiro Antonio Pérez Barreiros tamén o condenaron á pena de morte noutro consello de guerra, que tivo lugar na Coruña o día 27/08/1949. A Camilo de Dios Fernández condenárono á pena de morte, conmutada pola de 30 anos de cadea pola súa curta idade.

Soterrárono o día 29 de xullo nun nicho no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.