← Volver atrás

Frutos Sánchez, Aurora

Alcume: a Coloma
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Santa Mariña de Sillobre, Fene
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Limpadora. Casada co guerrilleiro José-María Saavedra Díaz, Pepe, fuxido e executado. Traballaba de limpadora no cuartel da Garda Civil en Fene.

Encarcerada.

A súa casa de Sillobre era un punto de apoio da guerrilla, onde sorprenderon a Segundo Vilaboy Martínez o día 26/05/1947, agarrotado no decembro seguinte.

Xulgada en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) por auxilio a autores de roubo a man armada, na causa 270/47.

Xulgada en consello de guerra en Ferrol por auxilio e encubrimento de bandoleiros, na causa 493/47, co resultado de sentenza a seis anos de prisión menor.

O seu home trasladárase a Ourense no ano 1946 para organizar a resistencia naquela zona; prendérono en marzo de 1949 en Ourense e déronlle garrote na Coruña o día 23/07/1949.

Cumpriu a condena na cadea de Segovia, da que saíu no ano 1950.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha