Nacemento:
Morte:
Fuxido.
Escapado no monte, foi lugartenente de Albino Gómez Rodríguez, Albino, Moreiras, que comandaba un grupo formado por labregos de Muíños e Lobios (Ourense) na zona orientas desta provincia.
Esta partida uniuse no ano 1946 á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), despois da reorganización que fixera Samuel Mayo Méndez, Saúl, Pelayo.
Neste destacamento estiveron: Julián Acebo Alberca, Guardiña; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo; Gumersindo Fernández Incógnito; Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Fermín Gutiérrez Lada, Segura; Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Guillermo Morán García, Asturiano; Máximo Nóvoa Barreiros; José Pallarés Taboada e José-María Saavedra Díaz, Pepe.
Como xefes de grupo tiñan a Máximo Nóvoa Barreiros e a Gumersindo Fernández Incógnito. A sede principal achábase na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo, na Serra de San Mamede (Ourense).
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ourense na causa 214/46.
O seu grupo tiña contacto coa partida de Raúl Castro Cao, que organizaba centros de guerrilleiros antifranquistas na mesma zona do nordés ourensano.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.