Nacemento:
Morte:
Chofer, 22 anos. Casado con Pilar Sánchez Pérez. Veciños da Coruña.
Militante da CNT.
Fuxido.
Durante a guerra civil combateu no exército golpista e acadou o grao de sarxento provisorio.
Ao remate da contenda montou un café-bar, unha panadería e, logo, un bar que lle pecharon os franquistas en 1943 por reunións clandestinas.
No ano 1945 incorporouse como chofer ao Parque de Automóbiles da Fábrica de Armas da Coruña.
Perseguido polos falanxistas en maio de 1946, que lle querían tomar declaración, escondeuse na casa do camarada Amable Vázquez, en Curtis. O día 09/06/1946 marchou ao monte e incorporouse ao Destacamento Santiago Álvarez da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.
Ao seu grupo localizouno unha contrapartida o día 26/06/1946 nunha casa de Milreu, San Vicente de Fervenzas, Aranga (A Coruña), na que descansaban.
Ese día ao Tenente Freixo e a Marrofer cercounos a Garda Civil en Milreu, por mor dunha delación, xunto con outros oito guerrilleiros de diferentes destacamentos da IV Agrupación. José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio; Benigno Andrade García, Foucellas; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Francisco Cousillas Pombo; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, e Pedro Calvete Brea conseguiron evadir o cerco.
Marcelino Rodríguez Fernández, Lisardo Freijo López e José Doldán Don, Daniel, morreron tiroteados pola Garda Civil.
Os outros sete guerrilleiros lograron fuxir porque se atopaban noutro edificio.
En poder dun dos compañeiros caídos atoparon un escrito de Pedro no que narraba as vicisitudes vividas ata a súa escapada ao monte.
Marchou cara Noia (A Coruña) e traballou nunha mina de estaño e nunha panadería.
Presentouse ás autoridades franquistas o día 09/01/1948.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 11/05/1948 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 55/48, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Pasou polas cadeas de El Dueso e Santander.
Puxérono en liberdade condicional o día 10/01/1959.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.