← Volver atrás

Doldán Don, José

Alcume: Daniel, Churruca
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

San Pedro de Nós, Oleiros
(A Coruña)
- 18/08/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Milreu, San Vicente de Fervenzas, Aranga
(A Coruña)
- 29/06/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Electricista, 23 anos. Casado con Francisca Casal Sánchez; tiñan unha filla que se chamaba Francisca Doldán Casal. Veciños da Coruña. Pertencía a unha familia de tendencia socialista. Fillo de Manuel Doldán Caridad, paseado, e irmán de Manuel Doldán Don, morto no intento de Fuga do Portiño.

Anarquista da CNT e próximo ao PSOE.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Despois do triunfo da sublevación militar tentou fuxir por mar pero fracasou na tentativa de Fuga do Portiño. Considerado sospeitoso neste intento, o día 04/03/1937 sorprendérono na Ronda de Nelle, na Coruña, na casa de Vicente Oliver Barcelona, Valencia. Enfrontáronse os dous aos represores e fuxiron polos tellados.

Agochado desde ese momento, incorporouse á loita guerrilleira en setembro de 1945 dentro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que mandaba Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer.

Morreu o día 26/06/1946 nunha casa de Milreu na que descansaban. Ese día a Avelino Rivas Pombo e a Marrofer cercounos a Garda Civil en Milreu, por mor dunha delación, xunto con outros oito guerrilleiros de diferentes destacamentos da IV Agrupación. José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio; Benigno Andrade García, Foucellas; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Francisco Cousillas Pombo; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, e Pedro Calvete Brea conseguiron evadir o cerco.

Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; Ángel Álvarez Rego e José Doldán Don morreron tiroteados pola Garda Civil. Os outros sete lograran fuxir porque se achaban noutro edificio.

Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia interna.

Soterrárono no cemiterio de San Vicente de Fervenzas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha