Nacemento:
Morte:
Tiña 14 anos. Curmán de Avelino Rivas Pombo.
Militante do PCE.
Fuxido. Axustizado?.
O día 11 de maio de 1945 produciuse unha caída de militantes comunistas e a maioría do grupo entra na cadea. Deteñen a Abel García Sánchez, da rúa da Pontenova, 5, baixo, na Coruña; a Eduardo Sánchez Lago, propietario do Bar La Luz, da Vereda do Polvorín, 2, na Coruña; e a Avelino Rivas Pombo, acusados de actividades subversivas contra o Réxime. Torturados e encarcerados na Prisión Provincial da Coruña o 17 de maio.
Polas súas declaracións detívose a José Blanco Núñez, Ferreirín; Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello; José Soto Pombo e ao curmán de Avelino, Francisco Cousillas Pombo.
A Francisco Cousillas prendérono en maio de 1945 acusado de actos de propaganda.
Xulgado en consello de guerra na Coruña por frases subversivas e actos de propaganda na causa 159/45.
Neste xuízo procesaron a: Manuel-Luis Bello Parga, José Blanco Núñez, Francisco Cousillas Pombo e José Soto Pombo.
Puxérono en liberdade o día 21/12/1945, de xeito sospeitoso, e aproveita ese momento para unirse á guerrilla.
Cando quedaron libres, Francisco, Manuel-Luis Bello Parga e José Blanco Núñez, Ferreirín, trasladáronse a Corme (A Coruña), para entrevistarse co dirixente do PCE Avelino Rivas Pombo, que os puxo en contacto coa xente do monte, onde se xuntan en maio de 1946 con Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; Manuel Pena Camino; Benigno Andrade García, Foucellas, e Emilio Pérez Vilariño.
Pertenceu ao grupo guerrilleiro que comandaba Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, dentro do Destacamento Santiago Álvarez que, no ano 1946, dirixía Lisardo Freijo López, Tenente Freixo.
Por este destacamento pasaron Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.
Este era un dos cinco destacamentos da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de asasinato na causa 271/46.
Procesaron neste expediente, entre outras persoas, a: Benigno Andrade García, José Blanco Núñez, Francisco Cousillas Pombo, José Dasilva Bartomeu, Manuel Díaz Pan, José Pedreira de la Iglesia, Manuel Pena Camino, Manuel Ponte Pedreira, Avelino Rivas Pombo, Marcelino Rodríguez Fernández e José Soto Pombo.
Ata a caída de Marrofer, Francisco pasou pola guerrilla sen maiores incidentes. O día 26 de xuño de 1946 a Avelino e a Marrofer cercounos a Garda Civil en Milreu, San Vicente de Fervenzas, Aranga (A Coruña), xunto con outros oito ou nove guerrilleiros de diferentes destacamentos da IV Agrupación do EGG. Avelino, Paco, Benigno Andrade García, Manuel Díaz Pan, Emilio Pérez Vilariño, José Dasilva Bartomeu e Pedro Calvete Brea conseguiron evadir o cerco. Marrofer, Lisardo Freijo López, Ángel Álvarez Rego e José Doldán Don, Daniel, finaron no tiroteo coa Garda Civil.
A raíz desta acción a guerrilla repregouse e Francisco tarda tres ou catro meses en reintegrarse, alegando enfermidade e que estivera recuperándose na Coruña, na casa da súa moza. Esta era irmá da parella de Manuel-Luis Bello Parga, da que se sospeitaba que era confidente da Garda Civil pois fora a canle da infiltración de Claudio Díaz Milia e José Dasilva Bartomeu.
Para comprobar a súa lealdade a guerrilla pediulle que executase a un falanxista, ao que se negou; a isto sumáronse outras vacilacións e semella que Emilio Pérez Vilariño deu a orde de fusilalo ou matouno el mesmo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.