Nacemento:
Morte:
Chofer, 14 anos. Veciño do barrio dos Castros, na Coruña.
Militante do PCE.
Encarcerado.
O día 11 de maio de 1945 deteñen a: Abel García Sánchez, da rúa da Pontenova, 5, baixo, na Coruña; Eduardo Sánchez Lago, propietario do Bar La Luz, da Vereda do Polvorín, 2, na Coruña; e Avelino Rivas Pombo, acusados de actividades subversivas contra do Réxime. Torturados e encarcerados na Prisión Provincial da Coruña o día 17 de maio.
Polas súas declaracións detiveron a José Blanco Núñez, Ferreirín; Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello; José Soto Pombo e ao curmán de Avelino, Francisco Cousillas Pombo.
Xulgado en consello de guerra na Coruña por frases subversivas, na causa 159/45, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Neste xuízo procesaron a: Manuel-Luis Bello Parga, José Blanco Núñez, Francisco Cousillas Pombo e José Soto Pombo.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña polo delito de asasinato, na causa 271/46, tamén declarado fuxido e en rebeldía.
Procesaron neste expediente, entre outras persoas, a: Benigno Andrade García, José Blanco Núñez, Francisco Cousillas Pombo, José Dasilva Bartomeu, Manuel Díaz Pan, José Pedreira de la Iglesia, Manuel Pena Camino, Manuel Ponte Pedreira, Avelino Rivas Pombo, Marcelino Rodríguez Fernández e José Soto Pombo.
Prendérono os franquistas en xullo de 1947.
Internárono na Prisión Central de Burgos e na Prisión Provincial da Coruña; deixárono en liberdade condicional en outubro de 1948.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.