← Volver atrás

Pena Camino, Manuel

Alcume: Flores, Dios
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

San Sebastián de Castro
- 28/04/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pedras Bastas, Santa María de Paramos
- 05/03/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 27 anos. Casado con Pilar Sánchez Vázquez, a quen desterraron despois de procesala cando se soubo que mantiña contacto con Manuel; tiñan un fillo e unha filla: Constantino e Ermitas. Veciños de Curtis (A Coruña).

Militante da CNT.

Fuxido. Encarcerado.

Formou parte da columna de republicanos que acudiu na defensa da Coruña fronte aos militares golpistas en xullo de 1936.

Despois do triunfo da sublevación militar agochouse no monte. Detivérono en Curtis con Manuel Calvelo López, Isabel Ríos Lazcano, Manuel Sánchez Ayerbe, Erizo, e Eduardo Sánchez Lago.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) o día 19/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 399/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua e as accesorias de interdición civil e inhabilitación absoluta.

No dito caso condenaron á pena de morte a: Manuel Calvelo López, Isabel Ríos Lazcano e Manuel Sánchez Ayerbe; castigaron a cadea perpetua a: Manuel Pena Camino e Eduardo Sánchez Lago; tamén imputaron a Benigno Andrade García e Jesús Calvelo López.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Sae da Prisión Provincial da Coruña no ano 1940 e ingresa na guerrilla antifranquista, no grupo de Benigno Andrade García, Foucellas.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de atraco a man armada, na causa 465/43, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 05/11/1943. Enxuizárono neste caso co propio Foucellas.

O día 15/03/1945 un grupo de guerrilleiros, no que estaban Manuel Ponte Pedreira, Emilio Pérez Vilariño, Manuel Pena Camino, Lisardo Freijo López e Benigno Andrade García, achegáronse á taberna de Domingo Fariña, o Mintireiro, confidente da Garda Civil, sobre as 23:00 h. Alí atoparon ao cabo da Garda Civil, Manuel Bello López, ao que metrallou desde unha fiestra Pérez Vilariño co resultado de morte.

En 1945, integrouse na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que lideraba Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, e onde tamén figuraban José Vázquez Mauriz, Patitas; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Benigno Andrade García, Foucellas; Francisco Rey Balbís, Moncho, ou Manuel Ramiro Souto.

Incorporouse á guerrilla nos grupos que operaban na zona dos montes da Coruña, nas contornas de Curtis e Mesía, no grupo de Benigno Andrade García, Foucellas.

Estivo no Destacamento Santiago Álvarez, da IV Agrupación do EGG, que comandaba Lisardo Freijo López, Tenente Freixo.

Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispa; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de morte violenta na causa 55/45.

Enxuizaron neste proceso, entre outras persoas, a: Manuel Pena Camino e Marcial Pérez Vilariño.

Xulgado en consello de guerra na Coruña con outra persoa polo delito de atraco na causa 440/45.

Na primavera de 1946 nomeárono xefe militar do Destacamento Eduardo Xaneiro, tamén da IV Agrupación do EGG, ocupando a zona Ordes-Cerceda (A Coruña). Os franquistas desterraron neste ano á súa dona a Tordesillas (Valladolid), lonxe dos seus fillos.

Pasaron por este destacamento, entre outras persoas: José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito; Enrique Ferreirós Candamo, o Moreno, o Gumersindo; Manuel Pena Camino; Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor, Manolo Ponte, Miracielo, e José Santiago Temprano, Henares, Hornaca.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña polo delito de colaboración con bandoleiros na causa 159/46.

Procesaron neste expediente, entre outras persoas, a: Benigno Andrade García, Carmen Balboa López, Jesús Balboa López, Manuel Pena Camino, María Pérez Mellid, Manuel Ponte Pedreira e Francisco Rey Drox.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de asasinato na causa 271/46.

Procesaron neste expediente, entre outras persoas, a: Benigno Andrade García, José Blanco Núñez, Francisco Cousillas Pombo, José Dasilva Bartomeu, Manuel Díaz Pan, José Pedreira de la Iglesia, Manuel Pena Camino, Manuel Ponte Pedreira, Avelino Rivas Pombo, Marcelino Rodríguez Fernández e José Soto Pombo.

Máis tarde pertenceu ao Destacamento Manolito Bello.

No Destacamento Manolito Bello estiveron, entre outras persoas: José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; Manuel Pena Camino; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Manuel Ramiro Souto, Souto; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro; Carmen Temprano Salorio. O seu campo de acción desenvolvíase en Ordes e A Coruña.

Pasou, tempo andado, ao Destacamento Eive-Carbón.

Por este destacamento pasaron: Amador Barcia Fernández, Xicos; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José-Antonio Castro López, Tucho; Perfecto Castro Martínez, Tereso; José Felpeto Gómez; José-Antonio López Jaspe, Antonio, Marinero, o Antoñito; Manuel Pena Camino; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Segundo Vilaboy Martínez e José Vilariño Fernández, Arturo, Pepón, Pepiño.

Participou o día 08/11/1946 no asalto ao cuartel da Garda Civil en Vimianzo (A Coruña). Nesta acción participaron Manuel Ponte Pedreira, Manolo Ponte; José Remuiñán Barreiro, Ricardito; José Dasilva Bartomeu; Jesús-Domingo Pazos Mesías e Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio. Pazos Mesías tivo un enfrontamento no bar Casa Mira (actual O Castillo) e morreu, igual que o número da Garda Civil Manuel Rodríguez Paz.

Abatido pola Garda Civil en Pedras Bastas o día 05/03/1949, ao fuxir despois de que se descubrise o seu agocho nunha casa da familia Teiga en San Mamede de Zas, Negreira (A Coruña). Con el morreron Vicente Peña Terrassa e José-María Castelo Mosquera; tamén morreu Manuela Teiga N., sobriña da dona da casa onde se agocharan. A súa compañeira de grupo, Carmen Temprano Salorio, morreu na mesma casa de Zas. O único do grupo que logrou fuxir da trampa sería Manuel Ramiro Souto.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.