← Volver atrás

Calvelo López, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 08/05/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 31/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e profesor universitario, 32 anos. Casou o día 07/07/1929 coa funcionaria e sindicalista Isabel Ríos Lazcano; tiñan dous fillos: Roberto e Manuel, que cando fusilaron o seu pai tiñan seis e tres anos, respectivamente. Era o primeiro de sete irmáns. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1927. Viviron na illa da Palma ao seren desterrados na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja e alí exerceu como médico. Trasládanse a Curtis (A Coruña) para ter o seu primeiro fillo. Ese mesmo ano marcharon a Madrid onde da clases de Xenética como profesor axudante na Facultade de Medicina.

Membro da Agrupación Socialista (AS) de Los Llanos de Aridane, na Palma, na II República formou parte da Comisión Xestora deste municipio, que nomearon o día 19/04/1931.

Afiliouse ao PCE no ano 1936.

Executado.

Despois do golpe de Estado de 1936 ferírono nun enfrontamento e prendérono xunto coa súa dona Isabel, o día 05/08/1936, cando estaban de vacacións en Curtis; aos dous condenáronos á pena de morte. Con eles detiveron tamén Manuel Sánchez Ayerbe, Erizo; Manuel Pena Camino e Eduardo Sánchez Lago.

A única máquina de escribir que había en Curtis estaba na súa casa; nela escribíanse os partes da Garda Civil e os escritos de Benigno Andrade García, Foucellas; nesa máquina vivían as dúas Españas.

Na súa casa de Curtis servía a muller de Foucellas, María Pérez Mellid.

Manuel organizou o partido comunista en Curtis e uns sindicatos tabaqueiros.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o día 19/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 399/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

No dito caso condenaron á pena de morte a: Manuel Calvelo López, Isabel Ríos Lazcano e Manuel Sánchez Ayerbe; castigaron a cadea perpetua a: Manuel Pena Camino e Eduardo Sánchez Lago; tamén imputaron a Benigno Andrade García e Jesús Calvelo López.

A Manuel pasárono polas armas o día 31/12/1936 nas paredes do cemiterio de Boisaca, xunto con Manuel Sánchez Ayerbe, Erizo.

Á súa dona encadeárona, despois de que lle conmutaran a pena de morte.

Os republicanos só se defendían, eran as vítimas, non o agresor. A esta parella xulgouna ilegalmente un grupo de insurrectos, que atentaron contra a democracia e a legalidade. O médico e a súa dona só eran culpables de lealdade ao Goberno legal.

Os irmáns de Isabel (Aurora, Luisa e Ángel) fixéronse cargo dos seus fillos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.