Nacemento:
Morte:
Mecánico, 15 anos. Veciño do Grove (Pontevedra). Fillo de Eladio Ferreirós Canosa, encarcerado.
Militante do PCE.
Infiltrado. Axustizado.
No ano 1940 trasladouse á Coruña na busca de traballo e empregouse como mecánico no Parque de Automóbiles.
Desenvolveuse como un topo dos represores infiltrado na guerrilla antifranquista.
Citárono na causa 240/46 da Coruña ao delatalo como membro dunha célula do PCE no Parque de Automóbiles da cidade herculina.
En maio de 1946 foxe e únese á guerrilla.
Pertenceu ao Destacamento Eduardo Xaneiro da IV Agrupación.
Foron membros deste destacamento, entre outras persoas: José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito; Enrique Ferreirós Candamo, o Moreno, o Gumersindo; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor, Manolo Ponte, Miracielo, e José Santiago Temprano, Henares, Hornaca.
Ferido nun enfrontamento coa Garda Civil na Chousa do Uzal, Cestaños, Santa Mariña de Parada (Ordes) o día 26/06/1946. No enfrontamento morreu Antonio Recouso Boquete e feriron a José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito, e a José Santiago Temprano, Henares, Hornaca. O ataque debérase a delación do axente infiltrado Claudio Díaz Milia.
Despois do ascenso de Manuel Ponte Pedreira ao mando da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), Enrique chegou a controlar o Destacamento del Río Botana; esta decisión criticárona os fuxidos, xa que levaba pouco tempo para encomendarlle unha misión de tanta responsabilidade.
Pronto se comezou a sospeitar de Enrique polos fracasos das accións que dirixía e o seu descontrol económico. Despois da morte de Avelino Rivas Pombo en maio de 1947, trasladárono de destacamento e comprobouse que mantiña correspondencia con altos mandos do Exército na Coruña, o que unido ao xa dito e a certas caídas de puntos de apoio, provoca que a guerrilla tome a decisión de eliminalo.
Esta decisión parte de Antonio Seoane Sánchez, Julián; Emilio Pérez Vilariño e Francisco Rey Balbís, Moncho, máximos responsables naqueles momentos do EGG e da IV, despois dunha reunión en Mugardos (A Coruña) en xullo de 1947.
Ferreirós finou axustizado pola guerrilla nos montes de Frades en agosto de 1947.
Pouco despois do seu pasamento procesárono no Tribunal Militar Territorial de Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de atraco a man armada na causa 254/47.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.