← Volver atrás

Santiago Temprano, José

Alcume: Henares, Hornaca, Moisés
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Executado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/12/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 20 anos. Casado con Amparo Vázquez Temprano. Veciños da Coruña.

Membro da Sección de Carpinteiros do Sindicato Único do Ramo da Construción da Coruña, da CNT.

Fuxido. Encarcerado. Executado.

Foxe e detivérono en febreiro de 1937 cando tentaba pasar á zona republicana na motora Sisargas.

Xulgado en consello de guerra na Coruña do día 17 ao 19/05/1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 291/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

A varias persoas veciñas da Coruña detivéronos na operación contra a organización clandestina, que pretendía salvarlle a vida ao deputado socialista Luis Rufilanchas Salcedo e pasalo á zona republicana do Principado de Asturias.

Os xuíces militares condenaron á pena de morte a: Argimiro Aradas Leiro, Manuel Fernández López, José-Santiago García Rey, Francisco González Agilda, Ramón Lea García, Delfino Liñeira Fraga, Francisco Meizoso Veiga, José Méndez Serantes, Rotilio-Enrique Naya Rodríguez, Domingo Rey Lago, Manuel Rúa Losada, Genaro Ruano Sanjurjo, Luis Rufilanchas Salcedo, Nicolás Veiga Núñez e Emilio Zufia Moreno; penas de cadea perpetua para: Manuel Martínez Piñó e José Santiago Temprano; 20 anos de cadea para: Emilia Pérez Pazos e Generoso Rumbo Lafuente; tamén condenaron a prisión a: Conrado Naya Rodríguez e Juan Sánchez Serantes; o tribunal absolveu a Luis Duro de la Iglesia e José Lombardía Bargos

Conmutáronlles a pena de morte pola de cadea perpetua a: Ramón Lea García, José Méndez Serantes e Emilio Zufia Moreno.

Amnistiado en xullo de 1941 cando estaba interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 214 do día 02/08/1941.

Despois residiu en Lugo e afiliouse ao PCE, adicándose a actividades políticas na clandestinidade.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas na Coruña en outubro de 1941 e indultárono no ano 1960.

Despois de dúas detencións en 1942 e 1944, ao saír da cadea incorporouse á guerrilla en xaneiro de 1946, no Destacamento Eduardo Xaneiro, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Foron membros deste destacamento, entre outras persoas: José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito; Enrique Ferreirós Candamo, o Moreno, o Gumersindo; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor, Manolo Ponte, Miracielo, e José Santiago Temprano, Henares, Hornaca.

Ferido nun tiroteo coa Garda Civil o día 26/06/1946, na Chousa do Uzal, Cestaños, Santa Mariña de Parada, Ordes (A Coruña), cando ía con José Blanco Núñez e Enrique Ferreirós Candamo, tamén feridos; no tiroteo morreu Antonio Recouso Boquete e resultara ileso Pedro Rodríguez Gómez. O ataque debérase a delación do axente infiltrado Claudio Díaz Milia. Ían recoller unhas armas que se lles incautaran ao Somatén da Baña (A Coruña).

Xulgado en consello de guerra na Coruña, o día 18/07/1946, polo delito de rebelión militar na causa 75/46.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Enriqueta Otero Blanco, José-María Urquiola Iglesias e Ramón Vivero Geada. Tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: César Alonso Álvarez, Francisco Alvaredo Rodríguez, Guillermo Arenas Casal, Gaspar-Antonio Castro López, Genaro Fernández Ares, Gerardo López Chas, Julio Nieto López, Manuel Rábade Rodríguez, Antonio Rodríguez González, Maximino Rodríguez Pérez e José Santiago Temprano.

Participou con Antonio Nouche Costa, Dourado Xaneiro, o Soldado de Deixebre; Claudio Díaz Milia; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; José Blanco Núñez e Pedro Rodríguez Gómez na sanción económica de 30.000 pesetas ao alcalde franquista de Cerceda (A Coruña).

Pertenceu tamén ao Destacamento Santiago Álvarez.

Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispa; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.

Detido en Puente Artieda (Navarra) o día 14/07/1947, cando tentaba pasar a Francia e de alí á República Arxentina, despois de desertar da guerrilla; trasladárono á Coruña, onde o torturaron de xeito salvaxe. Por mor das súas manifestacións descubriron numerosos enlaces.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña o día 04/11/1948 polo delito de rebelión militar (actividades subversivas), na causa 400/47, co resultado de sentenza á pena de morte.

O tribunal militar condenou, neste caso, á pena de morte a José Santiago Temprano; pena de cadea perpetua para Pedro Rodríguez Gómez; tres anos de prisión para Teresa Pastoriza Moreira; castigaron a 6 meses e un día a Carmen Vieito Baña. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: José Candal Bouzas, Manuel Castro Sanjurjo, Carmen Pan Rioboo e Ramón Ponte Pedreira.

Acusárono do desarme duns somaténs da Baña (A Coruña) e do intento de asalto ao cuartel da Garda Civil en Vimianzo (A Coruña).

Executárono os franquistas a garrote vil na Prisión Provincial da Coruña o día 09/12/1948.

Soterrárono o día 9 de decembro nun nicho no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Procesado polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultado en 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.