← Volver atrás

Freijo López, Lisardo

Alcume: Tenente Freixo, del Pino
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Santiago de Doncos, As Nogais
(Lugo)

Morte:

Milreu, San Vicente de Fervenzas, Aranga
(A Coruña)
- 26/06/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Loitou durante a guerra civil co exército republicano na fronte asturiana, onde acada o grao de tenente no 221º Batallón Asturias. Informes policiais din que era un auto-título

En 1943 militou nun grupo guerrilleiro que actuaba nas bisbarras de Curtis e Ordes con, entre outras persoas, Benigno Andrade García, Foucellas.

Uniuse a Unión Nacional Española (UNE) e no ano 1944 integrouse no Destacamento Santiago Álvarez, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), na zona de Arzúa-Melide-Toques, na provincia da Coruña e baixo as ordes de Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer.

Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispa; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.

O día 15/03/1945 un grupo de guerrilleiros no que estaban: Manuel Ponte Pedreira, Emilio Pérez Vilariño, Manuel Pena Camino, Lisardo Freijo López e Benigno Andrade García, achegáronse á taberna de Domingo Fariña, o Mintireiro, confidente da Garda Civil, sobre as 23:00 h. Alí atoparon ao cabo da Garda Civil, Manuel Bello López, a quen metrallou desde unha fiestra Pérez Vilariño co resultado de morte.

Tempo despois nomeárono xefe militar deste destacamento e do seu grupo formaron parte: Benigno Andrade García, Francisco Cousillas Pombo, Emilio Pérez Vilariño e Manuel Pena Camino. Movíanse polas zonas de Betanzos, Miño, Abegondo, Curtis e Sobrado dos Monxes.

Morreu o día 24/06/1946 nun enfrontamento coa Garda Civil nunha casa de Milreu na que descansaban. Ese día a Lisardo e a Marrofer cercounos a Garda Civil en Milreu, por mor dunha delación, xunto con outros oito guerrilleiros de diferentes destacamentos da IV Agrupación. José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio; Benigno Andrade García, Foucellas; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Francisco Cousillas Pombo; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, e Pedro Calvete Brea conseguiron evadir o cerco.

Marcelino Rodríguez Fernández, Lisardo Freijo López, Ángel Álvarez Rego e José Doldán Don, Daniel, morreron tiroteados pola Garda Civil. Os outros sete lograron fuxir porque se atopaban noutro edificio.

Considerado un dos mellores tiradores da guerrilla. Substituído á fronte do destacamento por Samuel Mayo Méndez.

Soterráronos en Aranga, onde se atopa a fosa común máis grande da comunidade galega. Era un lugar habitual dos paseos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.