Nacemento:
Morte:
Tiña 8 anos. Mariñeiro. Fixo o servizo militar no Rexemento de Enxeñeiros en Ferrol (A Coruña), desde onde colaboraba co PCE.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Aos seus pais perseguíronos logo da vitoria franquista. Foi compañeiro de Josefa Gallego Abeledo, Josefa dos Buzos. Enlace da guerrilla.
No ano 1947 fixo o servizo militar no rexemento de artillería en Ferrol; desertou en xullo dese ano con José Vilariño Fernández, Arturo, da guarnición do Castelo da Palma e escaparon con catro fusís e munición e incorporáronse á guerrilla antifranquista.
José Vilariño Fernández responsabilizouse do Destacamento Eive-Carbón, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Por este destacamento pasaron: Amador Barcia Fernández, Xicos; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José-Antonio Castro López, Tucho; Perfecto Castro Martínez, Tereso; José Felpeto Gómez; José-Antonio López Jaspe, Antonio, Marinero, o Antoñito; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Segundo Vilaboy Martínez e José Vilariño Fernández, Arturo, Pepón, Pepiño.
A súa familia sofre represalias dos franquistas.
En decembro de 1947 executou nas veiras do Eume ao axente infiltrado Alejo-Pablo Mora García, logo de que descubriran a súa infiltración.
Tucho sería un dos guerrilleiros que fixeron noites na Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), na casa de Rafael Freire Lamas, pai dos Freire Barcia e gran apoio para os guerrilleiros. Como tiña menos mobilidade polos seus problemas de corazón, pasou alí moito tempo, como María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina, e con Marcos Paradela Barros, o Coxo de Paradela.
Cando nos finais do ano 1948 a guerrilla decidiu construír unha base cerca da Cernada, Tucho escolleu o emprazamento con Juan Freire Barcia e Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro. As obras de construción do refuxio dirixíronas Tucho, Juan Freire e Benigno Andrade García, Foucellas, que tiña boa man para estas cousas
Abatido nunha celada da Garda Civil no Puntal, o día 30/08/1951, con outros tres compañeiros: Antonio Veiga Mejuto, Cacharrón; José Freire Barcia, Pepiño, e José Sancho Riera, o Valenciano.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.