Nacemento:
Morte:
Tiña 10 anos. Veciño desde 1932 da Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Fillo de Rafael Freire Lamas e Peregrina Barcia; eran oito irmáns. Na casa que tiñan na Cernada buscaron acubillo a maioría dos guerrilleiros antifranquistas do norte de Galicia.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Co seu irmán José Freire Barcia uniuse á guerrilla en maio de 1949, logo de que os convencera Francisco Rey Balbís, Moncho, para non facer o servizo militar. Juan actuou de enlace dos guerrilleiros e era quen levaba as provisións para o refuxio da Cernada. Cando os guerrilleiros construíron o refuxio da Cernada, Juan, Antonio Castro López, Tucho, e Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro, elixiron o lugar máis axeitado. As obras de construción correron a cargo de Juan, Tucho e Benigno Andrade García, Foucellas.
Formou parte da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), no Grupo Volante A Mariña.
Pertenceron a este grupo volante: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; José-María Díaz Pan, Jaime; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Freire Barcia; José Freire Barcia, Pepiño; José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana; José Piñas Pons; Manuel Ramiro Souto, Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio, e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge.
Acubillado con seis compañeiros en Pazos, na casa de Hermenegildo Sanjuan Varela. Morreu, con Antonio López Arias, Canín; José Chao Rouco, o Benita; José Temblás Paz, Temblás; Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Rogelio Alonso Corral e José Remuiñán Barreiro, Ricardito (primeiro identificado como Juan Gabeiras Barro) nun enfrontamento coa Garda Civil en Pazos o día 31/10/1949. Semella que se suicidaron el, José Temblás e Rogelio Alonso; os outros catro xa morreran no enfrontamento. O seu pai, Rafael, sempre pensou que Francisco Rey Balbís fora quen os delatara.
Os seus pais, Rafael e Peregrina, e o seu irmán Arturo tiveran que acudir ao lugar do enfrontamento e logo identificar o seu cadáver, que estaba ben recoñecible. Dous anos máis tarde os seus pais tamén terían que identificar o cadáver do seu irmán José, en Neda.
Soterráronos nunha fosa común no cemiterio do mosteiro de Santa María de Monfero.
Abriuse un proceso no Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) polo delito de agresión á forza armada, na causa 382/49, co resultado de sentenza de sobresemento por morte.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.