← Volver atrás

Díaz Pan, José-María

Alcume: Jaime, Jaimito
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Axustizado

Nacemento:

San Xoán de Pravio, Cambre
(A Coruña)
- 13/08/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Mide, San Pedro de Vilarmaior, Vilarmaior
(A Coruña)
- 01/01/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Zapateiro, 19 anos. Casou con Josefa Otero Varela (+1993); tiveron unha filla: Raquel. Veciños de Pravio. Fillo de Carmen Pan Rioboo, encarcerada. Irmán de Manuel Díaz Pan, Rogelio, morto en enfrontamento.

Militante da CNT e do PCE.

Fuxido. Encarcerado. Axustizado.

Mobilizado polo exército franquista na guerra civil, desertou e pasouse aos republicanos, cos que loitou no Principado de Asturias.

Ao caer a fronte asturiana os fascistas internárono nun campo de concentración en León. Pasou logo ao Castelo de San Antón, na Coruña.

Cando traballaba na estrada que vai ao Pazo de Mariñán como contratista de obras, coñeceu a Francisco Rey Balbís, Moncho, co que logo traballou en Seguros Santa Lucía.

Entre 1943 e 1945 actuou na clandestinidade vinculado á Unión Nacional Española (UNE).

Despois da detención de José-María Urquiola Iglesias, Chema, Pepe, Tino, o día 07/01/1945, botouse ao monte.

En 1945 creouse o Destacamento Enrique Líster. Tiña como responsables a Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel, e a Francisco Rey Balbís, Moncho. Os seus focos eran Betanzos, As Mariñas e A Coruña.

Neste destacamento estiveron: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito; José-María Díaz Pan, Jaime; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina; Francisco Rey Balbís, Moncho, e Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias.

Incorporouse ao Grupo volante A Mariña, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que dirixía Francisco Rey Balbís, Moncho.

Pertenceron a este grupo volante: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; José-María Díaz Pan, Jaime; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Freire Barcia; José Freire Barcia, Pepiño; José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana; José Piñas Pons; Manuel Ramiro Souto, Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio, e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge.

Despois do Nadal, o 07/01/1947, participou con Francisco Rey Balbís, Moncho, e outros cinco compañeiros, no axustizamento de Jesús Villar Babío en San Paio de Brexo, Cambre (A Coruña).

No ano 1948 deixou o EGG e o PCE; os seus compañeiros tachárono de desertor.

Apareceu morto en Mide no ano 1951, semella que o axustizaron os seus propios compañeiros.

Soterrárono no cemiterio de Vilarmaior.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.