← Volver atrás

Villar Babío, Jesús

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor. Axustizado

Nacemento:

San Paio de Brexo, Cambre
(A Coruña)
- 01/01/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Paio de Brexo
- 07/01/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial, 51 anos. Casado; tiñan catro fillos. Veciños de San Paio de Breixo. Tiña unha fábrica de madeiras na zona da Gaiteira, na cidade da Coruña

Represor. Axustizado.

Despois do golpe militar foi concelleiro en Cambre e o gobernador civil da Coruña nomeouno síndico do dito concello o 03/09/1936.

Jesús finou axustizado nas portas da súa casa, sobre as 20:00 h, cando chegaba de traballar da súa fábrica e diante da súa filla Otilia.

Nesta acción interviñeron, segundo as testemuñas, sete guerrilleiros antifranquistas, entre eles Francisco Rey Balbís, Moncho, e José-María Díaz Pan, Jaime.

Morte rexistrada por por dunha hemorraxia interna.

Os guerrilleiros acusábano de falanxista, de ser responsable da morte de varios antifranquistas e de ter denunciado a fuxidos.

Polo seu pasamento o Tribunal Militar Territorial da Coruña incoou a causa 47/47 polos delitos de atraco a man armada e asasinato.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha