← Volver atrás

Freire Barcia, José

Alcume: Pepiño
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Vilar de Mouros, Santa María de Cabalar, A Capela
(A Coruña)
- 22/08/1928 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Puntal, Santa María de Neda, Neda
(A Coruña)
- 30/08/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 7 anos. Veciño desde 1932 da Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Fillo de Rafael Freire Lamas e Peregrina Barcia; eran oito irmáns. Na casa que tiñan na Cernada buscaron acubillo a maioría dos guerrilleiros antifranquistas do norte de Galicia.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Co seu irmán Juan Freire Barcia uniuse á guerrilla en maio de 1949, logo de que os convencera Francisco Rey Balbís, Moncho, para non facer o servizo militar; a eles tamén se uniron Juan Gabeiras Barro, Picovello, e José Seijo.

Formou parte da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) no Grupo volante A Mariña.

Pertenceron a este grupo volante: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; José-María Díaz Pan, Jaime; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Freire Barcia; José Freire Barcia, Pepiño; José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana; José Piñas Pons; Manuel Ramiro Souto, Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio, e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge.

O día 18/07/1951 escapou con vida do cerco dos represores franquistas en San Vicente de Meá, Mugardos (A Coruña).

Abateuno a Garda Civil nunha celada no Puntal, o día 30/08/1951, con outros tres compañeiros: Antonio Veiga Mejuto, Cacharrón; José-Antonio Castro López, Tucho, e José Sancho Riera, o Valenciano. Eran os últimos guerrilleiros da zona de Ferrol (A Coruña) e os seus pais Rafael e Peregrina tiveron que acudir, outra vez, para identificar a un dos seus fillos mortos; dous anos atrás xa tiveran que identificar a Juan.

José morreu ás 14:00 h e tiña 23 anos.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Santa María de Neda.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.