← Volver atrás

Gabeiras Barro, Juan

Alcume: Picovello
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

A Capela
(A Coruña)

Morte:

O Tellado, San Salvador de Fene, Fene
(A Coruña)
- 18/07/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fillo de Encarnación Gabeiras Barro.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Incorporouse á guerrilla antifranquista en maio de 1949.

Cando os guerrilleiros, diante da presión da Garda Civil, decidiron abandonar en maio de 1949 a base que tiñan na Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), varios mozos da contorna, aos que adoutrinou Francisco Rey Balbís, Moncho, uníronse para non ir ao servizo militar e marcharon con eles. Tomaron esta decisión de incorporarse á guerrilla Juan Freire Barcia, que xa era enlace, José Freire Barcia, Juan Gabeiras Barro e José Seijo.

No enfrontamento dos homes de Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, cos gardas civís en Pazos, Monfero (A Coruña), o día 31/10/1949, dérano por morto nunha primeira identificación ao confundilo con José Remuiñán Barreiro, Ricardito. Identificado á forza pola súa nai Encarnación Gabeiras Barro, pero ela sabía de certo que aquel corpo desfigurado non era o do seu fillo Juan.

O día 18/07/1951 morreu abrasado, xunto con Manuel Bastida Franco, Chone, nunha casa do Tellado na que se agochaban e á que prendera lume a Garda Civil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha