Nacemento:
Morte:
Militar, 24 anos. Veciño de Mugardos. Mariño da Armada, en 1936 era cabo de mariñeiría no acoirazado Jaime I.
Procesado. Fuxido. Morte en enfrontamento.
Detido, inculpado e xulgado en causa militar en Ferrol (A Coruña) co resultado de sentenza de sobresemento.
A dotación do acoirazado Jaime I sofre as seguintes represalias dos sublevados:
Condenaron á pena de morte e executaron a: o cabo fogueiro Cipriano Espada Penedo, 36 anos, e os mariñeiros Antonio Arozamena Ruiz, 24 anos, e Feliciano Méndez López, 22 anos.
Castigaron a cadea perpetua a: o cabo de artillería Pedro Aguado Sánchez, 29 anos, e os mariñeiros José Aulet Cestal, 24 anos; Francisco Moure Pereira, 23 anos, e Enrique Pousa Aldao, 23 anos.
Pena de 12 anos e un día: o maquinista Alfonso-J. Chao García, 27 anos, e para o cabo de artillería Juan Míguez Rey, 26 anos.
Pena de dez anos de cadea para o mariñeiro Edelmiro Casal García, 21 anos.
Condenas de seis anos de cárcere: o enxeñeiro Juan Guerra Bermúdez, 28 anos; aos cabos de mariñeiría Fernando Piñeiro Carballido, 24 anos, e Juan Serantes García, 29 anos; ao fogueiro Ignacio Toimil Corral, 39 anos; ao auxiliar de artillería José Rey Sequeiros, 30 anos, e ao mariñeiro José Mosquera Durán, 28 anos.
Ao mariñeiro José López Vilela, 26 anos, condenárono a un ano.
Declararon fuxidos: os cabos Andrés Aneiros Sardiña, 25 anos, e Manuel Bastida Franco, 24 anos; os fogueiros Salustiano Davila Lampón, 21 anos, e Argemino Pillo Teijeiro, 29 anos; o artilleiro Daniel-Bernardino Pazó Vila, 23 anos, e os mariñeiros Benito Diz Rivas, 20 anos; Manuel Fernández Soto, 34 anos; Juan González Martínez, 19 anos; Evaristo Lareo Muíños, 22 anos; Joaquín Martínez Buceta, 20 anos; José Martínez Mariño, 21 anos; Ángel Mijón Durán, 24 anos; Elías-José Mouriño Penas, 24 anos; José Núñez Edreira, 20 anos; Sebastián Rea Montes, 21 anos; Carlos Romero Rebón, 25 anos, e José Sanisidro Rañó, 24 anos.
Estiveron presos: o buzo Juan Chao Pereira, 27 anos; o 3º maquinista José-María Díaz Santé, 33 anos, e o mariñeiro Manuel Freire Romalde, 22 anos.
Para máis de 50 tripulantes entre maquinistas, cabos, fogueiros, mecánicos e mariñeiros, ditouse auto de revogación do procesamento e puxéronos en liberdade.
Cando Manuel Bastida saíu da prisión afiliouse ao PCE e foi enlace da guerrilla.
O 23/01/1948 pasa á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), despois da caída do partido na bisbarra de Ferrol. A varios membros da súa familia arrestáronos e torturáronos.
Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial da Coruña polos delitos de auxilio á rebelión e axuda a bandidos, na causa 40/48.
Proceso contra varias persoas e que se vencella ao errado intento do infiltrado Alejo-Pablo Mora García de integrarse nos grupos de fuxidos de Ferrolterra.
Procesaron nesta causa a: Antonio Barreiro Ruiz, Manuel Bastida Franco, José Beceiro Fernández, Sol Bertalo Blanco, Rosa Caridad Bazas, Jaime Castro Rodríguez, Francisco Castro Roibal, José-María Díaz Díaz, Antonio Díaz Pérez, Vicente Díaz Veiga, Emilio Domínguez Cubero, María Dopico Aneiros, José Dopico García, Constantino Fernández Rosado, Juan Gallego Abeledo, José González Díaz, Francisco Graña Sequeiros, Germán López Rodríguez, Benito Paz Teijeiro, José Piñón Paz, Gerardo Pita López, Francisco Ponte Cabana, Alfonso Prados Pita, Francisco Ramos Calvet, Marcelino Rodríguez García, Manuel Rodríguez Sánchez, Daniel Romero López, Juan Romero Ramos, Antonio Sabín Prieto, Emilio Sande López, Silvestre Sanz García, Severino Suárez Ríos e Manuel Vázquez Rodríguez.
Ao desagregarse a IV Agrupación pasou á V Agrupación o día 08/01/1949, que comandaba Benigno Andrade García, Foucellas.
Participa, o día 08/01/1949, nas mortes de José Couceiro Taboada, sub-cabo do Somatén (corpo para-policial), xefe da Falanxe e mestre, e da súa dona, María Constenla Fariña, en Soutelo de Montes, Forcarei (Pontevedra).
Morreu xunto con Juan Gabeiras Barro, Pico Vello, cando a Garda Civil prendeu lume á casa de Mercedes Balado Freire, no Tellado, na que se atopaban agochados e na que finaron abrasados.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.