Nacemento:
Morte:
Buzo, 12 anos. Veciño dos Casás. O seu pai, Manuel Gallego Durán e o seu tío Antonio Gallego Durán morreron asasinados polos franquistas no ano 1936. Irmán de José Gallego Abeledo, José dos Buzos, e de Clementina Gallego Abeledo, Josefa Gallego Abeledo e María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina.
Militante do PCE.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) polo delito de asasinato na causa 86/46.
Despois de traballar de enlace da guerrilla antifranquista integrouse, en outubro de 1948, na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), no Destacamento Arturo Cortizas.
Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Rogelio Alonso Corral; Benigno Andrade García, Foucellas; José Chao Rouco, o Benita; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Manuel Gómez Varela, Fera Brava, Manolo do Penso; Juan González Martínez, Perucho, Pinocho; Antonio López Arias, Canín; Francisco Martínez Leira, Pancho; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro, e José Temblás Paz, Temblás.
Responsable do Destacamento Segundo Vilaboy, da IV Agrupación, que tiña como xefe militar a Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro.
Por este destacamento pasaron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Gregorio Doñate Martínez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana, e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de auxilio a compoñentes de partidas armadas, na causa 40/48, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Neste xuízo procesaron a varias persoas por auxilio á guerrilla antifranquista.
Condenaron á pena de catro anos de cadea a: José Beceiro Fernández e Vicente Díaz Veiga; procesaron tamén a: Manuel Bastida Franco, Rosa Caridad Paz, Francisco Castro Roibal, José-María Díaz Díaz, José Dopico García, Juan Gallego Abeledo e Manuel Vázquez Rodríguez.
O día 09/10/1948 participou no asalto da botica do Xestal, Monfero (A Coruña), onde axustizaron a Manuel-María Doval Varela (irmán do represor falanxista Pedro Doval Varela) e a Amelia-Antonia Abeledo Cortizas.
O dito destacamento matou nun enfrontamento preto de Mugardos, o día 05/02/1949 ao número da Garda Civil José Casal Reboredo e, o día 22 do mesmo mes, ao comandante do posto de Xuvia (A Coruña), o tenente José Torres Santiso; foi Juan Gallego quen lle pegou varios tiros.
A finais de xuño de 1949 agochábase, cos restos do Destacamento Segundo Vilaboy, nunha cabana entre matogueiras no Forcón. O lugar arrodeouno a Garda Civil. A Celia González Pernas, Celia da Ferraría, abatérona neste enfrontamento coa Garda Civil, o día 21/06/1949, nos primeiros momentos da loita. Alertados polos tiros, Juan Gallego Abeledo, xefe do destacamento, e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, saíron da cabana e pronto acabaron mortos. Quedaban dentro do refuxio José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana (algúns investigadores sinalan que era Manuel Clavero de la Iglesia o morto e non Queimarán), e María-Josefa Escourido Cobo, Xosefa da Lúa, quen contestaron ao ataque e os represores incendiaron a cabana con bombas de man, morrendo entre as lapas os últimos do destacamento.
A cova na que se agochaban delatárana á Garda Civil; todos eles eran do grupo de José Temblás Paz, Temblás, mozo de Celia e que aquel día non se atopaba na zona. Ás forzas represoras dirixías Antonio Morado Rico, xefe da brigadilla da Garda Civil de Viveiro (Lugo).
O Tribunal Militar Territorial de Lugo abriu a causa 221/49 por estas mortes co resultado de sentenza de sobresemento segundo resolución do día 25/06/1949.
Segundo González Vidal, foi o autor dos disparos que acabaron co tenente Torres o día 21/02/1949, actuando con Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, e Francisco Martínez Leira, Pancho.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.