Nacemento:
Morte:
Mecánico, 7 anos.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Membro do Destacamento Arturo Cortizas, comandado por Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche.
Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Rogelio Alonso Corral; Benigno Andrade García, Foucellas; José Chao Rouco, o Benita; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Manuel Gómez Varela, Fera Brava, Manolo do Penso; Juan González Martínez, Perucho, Pinocho; Antonio López Arias, Canín; Francisco Martínez Leira, Pancho; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro, e José Temblás Paz, Temblás.
O día 31/10/1949 formaba parte do grupo de sete guerrilleiros do Destacamento Arturo Cortizas ao que cercou a Garda Civil preto de Pazos, na casa de Hermenegildo Sanjuan Varela, ao que tentaban cobrar unha sanción económica de 25.000 pesetas. Riqueche morreu nos primeiros momentos. A Garda Civil tiña reforzos de Irixoa, Fragachá, Ponte da Pedra e da Coruña. Invitaron aos guerrilleiros a renderse. Os guerrilleiros deixaron saír unha ducia de habitantes da casa. O combate durou bastantes horas. Encontráronse despois, en distintas dependencias, os corpos de sete guerrilleiros: José Temblás Paz, Temblás; Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Antonio López Arias, Canín; José Chao Rouco, o Benita; Rogelio Alonso Corral; Juan Freire Barcia e José Remuiñán Barreiro, Ricardito, (primeiro identificado como Juan Gabeiras Barro). Catro deles teríanse suicidado.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.